Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nace ProKubo, plataforma online gratuíta que fomenta a contratación de traballadores independentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nace ProKubo, plataforma online gratuíta que fomenta a contratación de traballadores independentes

Redacción
Publicado: 23/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

prokubo.jpgOs días pasados púxose en marcha no ámbito estatal unha plataforma en liña e de balde que se dirixe a facer unión entre traballadores independentes e pequenas e medianas empresas. Chámase ProKubo, e quere dar servizo, sobre todo, a profesionais freelance dos ámbitos da comunicación, a mercadotecnia, a creatividade e o deseño. Segundo lembran os responsables da plataforma con respecto á nosa terra, en Galicia existe un importante mercado potencial para a súa iniciativa: de feito hai unhas 200.000 persoas afiliadas no devandito réxime na nosa terra, aproximadamente o 7% do total estatal.
Os impulsores do servizo son Ricardo Marques, Hugo Ortiz e Tiago Coelho, cuxos obxectivos son “mellorar as oportunidades de emprego no sector independente, promover unha contratación baseada na calidade e garantir a seguridade nos pagos”. E engaden: “A través da plataforma, fornecemos ás PEME, sobre todo ás de recente creación, dos profesionais máis acaidos para dar forma a unha identidade corporativa axeitada ou para presentar produtos e servizos da mellor maneira posible”. ProKubo, neste senso, axiliza a contratación dese tipo de profesionais, “un amplo colectivo de expertos especializados que están en disposición de achegar os seus coñecementos a calquera empresa ou proxecto”.
ProKubo, engaden, “é unha comunidade de talento que nace para cubrir a necesidade que teñen miles de empresas, emprendedores e particulares, de atopar a bos profesionais do sector creativo para mellorar a visibilidade dos seus negocios”.
A plataforma é de uso gratuíto tanto para profesionais como para empresas. Os freelancers poderán crearse unha conta a través da que amosar as súas capacidades, carteira de servizos e opinións de clientes. ProKubo permite que as empresas visiten estes perfís, avalíen o seu traballo e elixan o profesional máis axeitado para o proxecto que necesiten levar a cabo. A través dun formulario, as empresas poderán establecer un orzamento ou fixar un prazo para o remate do traballo. “A plataforma”, explican os seus creadores, “actúa de intermediaria entre os dous desde o principio ata o final do proxecto, exercendo como ferramenta de comunicación e intercambio de arquivos e garantindo a seguridade dos pagos”. Isto conséguese grazas ao sistema Safepay, mediante o cal a empresa que contrata os servizos dun profesional fai un depósito de garantía na conta de ProKubo polo importe do custe do proxecto antes do seu desenvolvemento. Unha vez que o traballo se entrega de acordo ao estipulado, céibase o depósito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?