O Concello de Ribeira vén de incorporar á súa páxina web un novo apartado dirixido a que os contribuíntes poidan consultar en liña o estado dos seus recibos municipais domiciliados. A sección de ventanilla dixital facilita o acceso á sede electrónica do Concello para que os interesados poidan comprobar distintos apartados como o concepto ao que corresponde un recibo bancario (auga, recollida de lixo, terrazas de hostalaría, escola infantil municipal…), os prezos de pagamento ou se xa está liquidado, para o que só haberá que introducir unha serie de datos (DNI/CIF, importe, exercicio e número de recibo).
Os ribeirenses poden consultar en liña os seus recibos municipais
Compartir Este Artigo

