A empresa galega Televés vén de analizar de xeito positivo a súa presenza na pasada edición de ANGACOM (do 9 ao 11 de xuño), un encontro de referencia a nivel internacional para os sectores do cable e o satélite. Así, a empresa de servizo de telecomunicacións levou ata a cidade xermana de Colonia as súas solucións de fibra óptica para a hibridación de servizos de RFoG (Radio Frecuency over Glass) e datos en banda ancha a través de redes GPON e CoaxData. As ditas solucións foron desenvolvidas por Televés para responder ás necesidades dos operadores de cable para dixitalizar os seus servizos.
Asemade, tamén resultou ser un éxito a nova gama NevoSwitch, un completo catálogo de multiconmutadores, derivadores, repartidores e amplificadores de liña desenvolvidos e fabricados por Televés en modernas liñas robotizadas. Permiten elaborar instalacións de distribución de catro polaridades de televisión por satélite e terrestre, en topoloxía estrela ou fervenza, e dispoñen de sistema ECO polo que o consumo da instalación se reduce a medida que diminúe o número de usuarios conectados. Os módulos para cabeceiras de distribución T.0X, as solucións IPTV (distribución de televisión sobre protocolo de Internet) para o sector Hospitality, e os medidores de campo portátiles con procesado dixital HSeries foron tamén protagonistas a salientar na exposición de Televés en ANGACOM.
Televés triunfa coa súa integración de redes de datos na feira xermana de ANGACOM
Compartir Este Artigo

