Hoxe celebrouse a xornada Datos? Que facer? Por que precisamente eu?, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e o Consello Territorial de AMETIC Galicia, en colaboración con a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), un encontro que reuniu aos profesionais e as empresas máis relevantes do sector TIC galego en torno ao Big Data, da man do vicepresidente de Data Services en BBVA Data & Analytics, Marcelo Soria, responsable dunha carteira de produtos centrados na apertura de datos e no análise intelixente de información para crear novos produtos e servizos.
O decano do Colexio Oficial de Galicia, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, o presidente do Consello Territorial de AMETIC Galicia, Ramón Mª Lois Santos, o director do Centro de Banca Comercial de BBVA en Santiago de Compostela-Senra, Santiago Morente e o director de APD zona noroeste, Santiago Sesto, foron os encargados de inaugurar a xornada. Na súa intervención o decano do COETG salientou a importancia “de coñecer cal é o verdadeiro status do big data e como melloran os servizos que ofrecen as empresas e organismos públicos tendo en conta os posibles riscos no que á invasión da privacidade persoal refírese” engadindo que é importante e clave no big data “á tarefa de almacenar, clasificar, analizar e compartir o cúmulo masivo de información que existe na rede, xestionando un inmenso volume de datos de extraordinaria variedade á maior velocidade posible, todo iso baseado nun elenco de tecnoloxías que fan posibles estes procesos” para o que se precisan “executivos que coñezan de primeira man os retos e oportunidades que isto lles proporciona”.
Pola súa banda, o presidente do Consello Territorial de AMETIC Galicia, centrouse en destacar o traballo que dende AMETIC están a realizar “neste tema de vixente actualidade e de gran relevancia: o mundo dos datos, a súa interrelación e especialmente a información que se xera”, animando as empresas a “seguir avanzando” dado que “as nosas empresas de servizos e a nosa industria necesitan cada vez máis dun coñecemento exhaustivo e seguro sobre os datos que manexamos”.
A conferencia de Marcelo Soria, vicepresidente de Data Services en BBVA Data & Analytics, ofreceu a súa visión sobre o potencial inherente dos datos e sobre como a capacidade descritiva deses datos abre novas posibilidades de mellora. Nesta liña para Soria, “os datos son unha aproximación do que sucede no día a día, unha representación da realidade” e é “a través destas representacións da realidade que podemos saber que potenciais temos de ter éxito cun negocio”. É importante “definir os obxectivos que se queren acadar para deseñar a forma de obter os datos necesarios” para tomar mellores decisións e xerar unha vantaxe competitiva para as empresas.
Finalizada a intervención deuse comezo a un coloquio no que participaron relatores e asistentes intercambiaron opinións sobre o big data e no que Marcelo Soria respondeu tamén ás preguntas que se lle presentaron.
Unha xornada abordou en Compostela os retos do big data
Compartir Este Artigo

