O Wireless Power Consortium (WPC) está a conseguir grandes avances na normalización dos sistemas de carga sen fíos, con cada vez máis smartphones integrándoo e incluso compañías como Ikea vendendo mobles que integran cargadores coas especificacións de Qi, estándar que promove este organismo, e que veñen de renovarse para incluír a posibilidade a subministrar ata 15 watts de corrente a teléfonos móbiles, pensando nos dispositivos que soportan métodos de carga rápida, de xeito que superarían unha das principais limitacións da carga sen fíos (a velocidade de carga).
Actualmente hai smartphones que poden cargar a súa batería ata un 60% en só 30 minutos, e grazas ao novo estándar de carga Qi poderanse fabricar novos dispositivos que tiren proveito dos avances de carga rápida sen a necesidade de conectar o teléfono ao cargador mediante cable.
Actualmente hai máis de 50 millóns de dispositivos con soporte desta tecnoloxía de carga sen fíos, con centos de produtos rexistrados e usuarios por todo o mundo e, aínda que nun principio está limitado o uso da carga Qi a dispositivos que a integren de fábrica, existen fundas e adaptadores que permiten integrar a carga sen fíos a case calquera smartphone, o que pode resultar de grande utilidade para os que queren reducir ao mínimo as conexións cableadas na súa vida.
Adaptan as especificacións de Qi para soportar a carga rápida sen fíos
Compartir Este Artigo
