Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Jesús Peón López, premiado polo CPEIG polos seus traballos de identificación biométrica para eSaúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
NOVAS

Jesús Peón López, premiado polo CPEIG polos seus traballos de identificación biométrica para eSaúde

Redacción
Publicado: 25/06/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

image-2.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, CPEIG, vén de acordar concederlle este ano o Premio Proxecto Fin de Carreira/Máster a Jesús Peón López (Pontevedra 1986), pola súa Plataforma de Identificación Biométrica en Emerxencias Sanitarias, un traballo presentado en setembro do ano pasado e que contou para a súa realización co apoio do profesor Carlos Alberto Pan Bermúdez. O proxecto consiste no desenvolvemento dunha plataforma que permite identificar aos pacientes que requiren atención sanitaria empregando sistemas biométricos. O recoñecemento será entregado na Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebra este venres en Santiago.
O galardoado, que recibirá 1.000 euros e unha estatuíña conmemorativa, é enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña e desenvolve a súa actividade profesional nesta cidade.
Volvendo á propia natureza do traballo premiado polo CPEIG, sinalar que o seu óbxectivo é investigar, desenvolver e aplicar unha arquitectura de identificación biométrica (recoñecemento dun usuario mediante características físicas ou de conduta de seu), optimizando a actividade e o rendemento dunha contorna de traballo de persoal sanitario e permitindo a comunicación con outros módulos para a obtención inmediata da información precisa. O proxecto, reflicte o colexio, ten a vantaxe fundamental de ofrecer un rápido acceso aos datos dos pacientes atendidos polo persoal de saúde nas urxencias, o que redunda nunha mellor asistencia.
O estudo enmárcase nun proxecto-piloto experimental para un sistema integral de xestión de emerxencias sanitarias levado a cabo polo autor na súa estadía como bolseiro pola empresa Everis.
Respecto das diferentes fases do estudo, este artellouse nun estudo inicial das potencialidades actuais da biometría para logo abordar que tipos de biometría deberíanse empregar no proxecto. Con esta finalidade, levouse a cabo unha investigación posterior realizada sobre os sistemas (hardware e software) existentes arestora e no mercado biométrico, co fin de realizar a mellor elección para os obxectivos do proxecto.
O funcionamento da aplicación iníciase coa obtención dunhas determinadas mostras biométricas dos pacientes para proceder despois á determinación da identidade de estes e obter así a súa información asociada. Máis en detalle, empregouse un novo e orixinal escáner que xera modelos biométricos a partir da pegada dactilar xunto co patrón intravenoso dixital. Grazas a devandito escáner, conséguese axuntar o tipo de biometría máis estendido (pegada dactilar) xunto cun tipo de biometría en auxe e caracterizada pola precisión: o patrón intravenoso dixital.
A nivel tecnolóxico, a aplicación consistiu na elaboración dunha aplicación web empregando a plataforma de programación Java Enterprise Edition na súa versión 6, xunto co uso como linguaxe de programación principal de Java SE 7 e o sistema de xestión de bases de datos PostgreSQL. Para a interface web tirouse partido do framework ZK xunto con Bootstrap.
Xurado
Formaron parte do xurados os directores e decanos das escolas ou facultades: Luis Hervella, da UDC; Antonio Mosquera, da USC; e Ana Garriga, da Universidade de Vigo. Por parte do CPEIG, o secretario, Juan José González Cid; o vicepresidente, Juan Otero; e o presidente, Fernando Suárez.
O galardoado recibirá o premio o vindeiro día 26 no Hotel-Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, na sétima edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. O evento representa un punto de encontro entre todos os colexiados e conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?