Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ourense visualizou novas profesións ligadas á banca e as TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ourense visualizou novas profesións ligadas á banca e as TIC

Redacción
Publicado: 25/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_xornada_perfis.jpgAs novas tecnoloxías abren un mundo de posibilidades de comunicación, pero tamén de actividade laboral. Amosar exemplos de novos perfís profesionais ligados ás TIC no ámbito específico da banca, facendo fincapé en negocios ou liñas de traballo xurdidas en Galicia, foi un dos obxectivos da Xornada Faite profesional da banca do futuro organizada o pasado martes na Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense. O encontro, inserido na campaña 1 mes 1 profesión dixital (promovida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, CPEIG), contou coa presenza do presidente do Colexio, Fernando Suárez, que lembrou “que estamos a vivir unha auténtica transformación dixital nas nosas empresas grazas ás novas tecnoloxías e moitas profesións están adaptándose ás novas demandas que xorden”.
E engadiu facendo fincapé na responsabilidade informativa e divulgativa dos especialistas en TI: “Temos a obriga de concienciar aos profesionais e á cidadanía da necesidade de ter coñecementos neste senso”.
Como exemplos destas nova forma de entender a banca, as xornadas contaron coas intervencións de Xoán González, licenciado da Escola Superior de Enxeñaría Informática, cofundador e director técnico de SetPay, empresa especializada en medios de pagamento e ferramentas para o mantemento de clientes no tempo; Abraham Otero, profesor da Universidade San Pablo CEU e divulgador das vantaxes e potencialidades da moeda electrónica bitcoin; Roberto Baratta, director de Prevención de Perdas, Continuidade do Negocio e Seguridade en Abanca e enxeñeiro en Informática con ampla experiencia en diferentes responsabilidades da administración de sistemas e seguridade, e Fernando Prieto, economista de CUNEF con 18 anos de experiencia en banca e xestión, e agora emprendendo en videoxogos (Gato Salvaje Studio), micromecenado (Start Your Business Consulting) e xeolocalización en edificios (Smart Guide).
Xoán González foi o primeiro en intervir para explicar o traballo da súa empresa e a súa visión sobre os novos perfís laborais no eido da banca. “Levamos tres anos funcionando e o que facemos é comercializar unha aplicación de móbil e unha TPV móbil, de modo que o pago se pode facer a través do teléfono desde calquera lugar”, explicou. Logo interveu Abraham Otero dando conta das utilidades prácticas que pode ter para os cidadáns o uso da moeda virtual bitcoin, “unha moeda franca independente dos estados”. Ao mesmo tempo, Otero aproveitou a oportunidade para quitarlle importancia á polémica que rodea á moeda virtual nos medios de comunicación. “Con esta moeda, explicou, “pódese facer o equivalente a un pago en efectivo pero a distancia e sen deixar rastro, polo que determinadas persoas poden empregala para cuestións ilícitas”. Porén, engadiu, “iso tamén pasa coa moeda tradicional e non se pon en cuestión a súa existencia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?