Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC acada os 120 proxectos empresariais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

O CITIC acada os 120 proxectos empresariais

Redacción
Publicado: 25/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Exterior do centro de investigación TIC con sede no Campus da Coruña
Exterior do centro de investigación TIC con sede no Campus da Coruña
O CITIC, Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, vén de chegar xa á liña dos 120 proxectos empresariais impulsados dende o seu seo e con innovación de seu. Así o deu a coñecer os días pasados a dirección do propio centro, posto en marcha dende a Universidade da Coruña en 2007, data dende a cal habilitáronse 11 grupos de investigación e participouse en 15 plans europeos (este ano participa en catro). Ademais, informou Jesús Diaz, responsable de Promoción Tecnolóxica, o CITIC acubilla a día de hoxe dous centenares de investigadores adscritos ao algún dos seus 11 grupos de investigación.
A maiores, no reconto de fitos e éxitos achegados pola dirección do centro, inclúese o seguinte dato a ter en conta: as súas investigacións tecnolóxicas fixeron posible a posta en marcha de tres spin-offs, a solicitude de preto de 40 patentes e rexistros de software e a súa participación (como dixemos) nun total de quince proxectos europeos, concorrendo este ano a outros catro, sempre da man da Universidade da Coruña. Por sectores, salienta a bagaxe e o coñecemento xerados nos ámbitos do fogar dixital, as tecnoloxías para a localización e a navegación, as Cidades Intelixentes, a conectividade, a eSaúde ou o envellecemento activo, entre outros moitos eidos de actividade.
Sobre o CITIC
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicacións (CITIC) é un centro tecnolóxico singular impulsado pola Universidade da Coruña, co fin de promover o avance e a excelencia na investigación, desenvolvemento e innovación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e impulsar a transferencia de coñecementos e resultados á sociedade. O CITIC é un punto de encontro entre a universidade e a empresa no que se combinan departamentos de I+D de empresas do sector TIC con investigadores procedentes do ámbito universitario. Na actualidade, no CITIC traballan en distintos proxectos de I+D arredor de 200 investigadores dos sectores público e privado, “formando un entorno mixto universidade-empresa que posibilita a colaboración e transferencia de coñecemento”, segundo explican fontes do centro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?