O sector dos trebellos de tipo sexual tamén vive unha revolución, sobre todo a través da incorporación de tecnoloxías avanzadas para mellorar adaptabilidade e deseño e, tamén, para incorporalos ao ámbito dos obxectos conectados (Internet das Cousas). Precisamente estes (o deseño e a capacidade ampliada de comunicación coa contorna) son os piares dun novo consolador con orixe na nosa terra e que segundo se reflicte estes días na Rede constitúe o obxecto das súas características máis avanzado do mundo. Foi desenvolvido por dous enxeñeiros de Vigo, Antonio Maceiras e Julio Núñez, responsables da marca Flesh4U.
Máis polo miúdo, trátase de dous dispositivos automatizados que salientan en primeiro lugar por romper barreiras de uso e de accesibilidade: poden ser empregados por persoas con diversidades funcionais. Ademais, é posible manexalos a distancia co dispositivo intelixente ou co computador.
Estes aparellos están dispoñibles para a súa venda en liña a través da páxina da marca Flesh4U.
O obxectivo dos dous investigadores galegos foi o de crear e dar forma “á mellor sex-machine do mundo”, un aparello apto para homes e mulleres e que marcase claramente as diferenzas con respecto ao que está á venda arestora no mercado, un ámbito cada vez máis competitivo e que, como dixemos, ten dado mostras de estar vivindo unha revolución tecnolóxica.
Os consoladores de Flesh4U, neste senso, poñen en xogo factores como a lixeireza, a elegancia, unha marxe moito máis ampla de movementos, un coidado especial materiais aplicados (elementos avanzados de fibra de carbono) e unha “potente motorización”.
Flesh4U achega dende Vigo consoladores conectados de deseño
Compartir Este Artigo

