Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este 2 de xullo, cita coa Compra Pública Innovadora da man do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Este 2 de xullo, cita coa Compra Pública Innovadora da man do CPEIG

Redacción
Publicado: 30/06/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

eadministracion-4.jpgComo complemento á Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia celebrada o pasado venres 26 de xuño, o CPEIG vai desenvolver este 2 de xullo un encontro que amosará as potencialidades da Compra Pública Innovadora (CPI) para o impulso das firmas do noso tecido tecnolóxico-dixital. A Xornada de Oportunidades de CPI para empresas TIC desenvolverase no edificio CERSIA de Santiago e dará arrancado arredor das 9.30 horas cun acto de presentación da man do presidente do CPEIG, Fernando Suárez. Ás 9.45 horas intervirá o director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, falando da aposta galega pola Compra Pública Innovadora.
Arredor das 10.15 horas está previsto que comece o relatorio de Juan Manuel Garrido (Ministerio de Economía e Competitividade), baixo o epígrafe de As compras públicas como motor de innovación. Garrido abordará os elementos clave da CPI, os beneficios da mesma e o seu marco legal, entre outras cousas. Logo dunha pausa para o café, será a quenda de Sandra Sinde, directora de Innovación Aberta nas Administracións Públicas de Idom Consulting, que debullará o estado de cousas da adquisición pública de tecnoloxía innovadora no panorama internacional.
Ás 12.15 chegará o punto de vista da empresa galega Bahía Software, que fornecerá o seguinte relatorio práctico: Aprendendo do concreto, experiencia de empresa participante no proceso de CPTI do SERGAS. Para rematar, ás 12.45 horas falará Miguel Ortiz, do CDTI (Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial), quen debullará as alternativas existentes hoxe en día para acometer financiamento en CPI, tanto a nivel europeo (programas como Horizon 2020) como a nivel estatal (as achegas do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?