Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentado o novo corpus do galego actual con máis de 400.000 formas diferentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentado o novo corpus do galego actual con máis de 400.000 formas diferentes

Redacción
Publicado: 30/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

corga_presentacion-2.jpgEsta mañá presentouse en rolda de prensa o novo Corpus Documental do Galego Actual (CORGA). A cita contou coa presenza, entre outros persoeiros, do secretario de Política Lingüística, Valentín García, que lembrou que a versión ampliada desta ferramenta lingüística elaborada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) (dependente da Consellería de Cultura e Educación) incorpora preto de 32 millóns de palabras, “das que algo máis de 400.000 son formas diferentes”. Tamén participaron na presentación os directores do CORGA, Guillermo Rojo e María Sol López, e os responsables da coordinación lingüística e informática do proxecto, os investigadores da Universidade de Santiago de Compostela Eva Domínguez e Mario Barcala, respectivamente.
Segundo sinalou o secretario xeral durante a súa intervención “a nova versión ampliada do CORGA pon a disposición da comunidade científica e da cidadanía en xeral novas posibilidades para a investigación lingüística nunha aposta polas novas tecnoloxías en galego”.
O CORGA, como dixemos, é un corpus documental desenvolvido no CRPIH e integrado por distintos tipos de textos (xornais, semanarios, revistas, ensaios e textos de ficción (novela, relato curto e teatro) que abrangue temporalmente desde o ano 1975 ata a actualidade e que está codificado no estándar XML (eXtensible Markup Language).
A nova versión ampliada, a 1.7, está dispoñible na Rede no enderezo corpus.cirp.es/corga. Sobre o conxunto de formas ortográficas ás que dá acubillo, sinalouse na presentación que “é posible consultar palabras ou expresións en xeral, por tipos de texto, épocas, áreas temáticas ou calquera combinación dos parámetros anteriores”. Ademais, disponse dun sistema de consulta da nómina de autores e obras que permite buscar que obras ou autores están no corpus, saber que número de palabras totais e documentos corresponde á busca realizada ou que cantidade de palabras contén o CORGA nunha certa área temática, período de tempo etc.
No acto de hoxe tamén que se lembrou que o Centro Ramón Piñeiro rematou o subcorpus de adestramento xornalístico e de narrativa que utiliza o Etiquetador-Lematizador do Galego Actual (XIADA), constituído na nova versión ampliada por algo máis de 600.000 formas ortográficas, que se achega de balde para a comunidade investigadora na versión 2.6 do Corpus de Referencia do Galego Actual etiquetado (CORGAetq) no enderezo corpus.cirp.es/corgaetq.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?