Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O kit de eficiencia do proxecto depoGAP da Deputación de Pontevedra xa chegou a máis de 200 fogares
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O kit de eficiencia do proxecto depoGAP da Deputación de Pontevedra xa chegou a máis de 200 fogares

Redacción
Publicado: 01/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depogap.jpgA Deputación de Pontevedra rematou xuño facendo reconto das familias da provincia que xa tiran proveito do kit de eficiencia enerxética que fornece a institución a través do seu proxecto depoGAP: un total de 243 familias. A iniciativa, como lembraremos, é un proba piloto inserida no programa depoGAP (promoción dun novo modelo de xestión dos activos públicos a través das novas tecnoloxías e a participación cidadá) que ten como obxectivo sensibilizar aos pontevedreses sobre o uso eficiente dos recursos enerxéticos nos fogares.
Segundo informa a Deputación, para o desenvolvemento desta proba é necesario instalar, en cada un dos fogares participantes, un kit domótico que proporciona “as ferramentas de control precisas para facer seguimento e optimizar os consumos nos fogares”. Trátase, máis polo miúdo, dun contador de enerxía, un detector de apertura e peche de portas, un sensor de luminosidade e un medidor de consumo eléctrico. Estes recursos habilítanse de balde nos fogares e, logo, son os encargados de facer as medidas de consumo nas casas dos usuarios. Estes poderán verificar en tempo real o gasto de enerxía do seu fogar durante un período de medio ano.
Ao fío do devandito e facendo fincapé nunha máis óptima participación, o organismo provincial “salienta que as familias que participan nesta proba reciben unha formación previa nos conceptos e fundamentos prácticos necesarios”. O obxectivo final, engade, é que cada familia “extraia conclusións sobre os seus consumos enerxéticos, de maneira que poida establecer medidas de aforro aplicables no seu fogar”. O número de técnicos que se encarga da instalación dos ditos recursos é de 44. A iniciativa tamén servirá para extraer información estatística sobre o gasto enerxético, que serán a base das guías de boas prácticas que se queren elaborar para utilizar en vindeiras campañas de sensibilización enerxética.
Como dixemos, a experiencias insírese no proxecto depoGAP, promovido pola Deputación de Pontevedra e co-financiado nun 70 % a través dos fondos europeos FEDER. DepoGAP pretende promover un novo modelo de xestión dos activos públicos a través das novas tecnoloxías, contando coa colaboración e participación cidadás.
Respecto do que temos que facer para concorrer na iniciativa, o organismo provincial informa que as familias que pertenzan a un concello de menos de 50.000 habitantes e estean interesadas en unirse ó proxecto aínda se poden inscribir na web depo.es/depoGap.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?