Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mariel Martínez e Helena Fernández amosan hoxe en IqualTec a súa experiencia como mulleres nas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mariel Martínez e Helena Fernández amosan hoxe en IqualTec a súa experiencia como mulleres nas TIC

Redacción
Publicado: 02/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

iqualtec.jpgHoxe, entre as 19.00 e as 20.30 horas, o espazo CoWorking Vigo vai dar acollida a un encontro IqualTec, unha iniciativa dentro do proxecto Tech&Ladies, orixinado dentro do GDG (Google Developing Group) cuxo obxectivo é dar visibilidade ás mulleres que traballan no eido das tecnoloxía. A xuntanza de hoxe insírese nunha das principais liñas de actividade divulgativa de CoWorking Vigo, que é a de convidar a mulleres profesionais do sector tecnolóxico e científico para explicar como chegaron onde está e debater sobre os retos aos que se enfrontan. Contarase coa presenza de Helena Fernández, directora técnica da Área de Investigación en eSaúde de Gradiant.
Tamén participará Mariel Martínez, enxeñeira informática pola Universidade Oberta, amais de co-fundadora de indenext.com e de ameiga.com, e integrante do Grupo de Desenvolvedores Google en Vigo (GDG Vigo). Mariel afondará na súa charla no proxecto Tech&Ladies, un proxecto que como dixemos propón dar visibilidade ás mulleres que traballan en tecnoloxía rompendo coa paradigma actual.
Pola súa banda, Helena Fernández explicará a contribución de Gradiant ao desenvolvemento de tecnoloxías TIC aplicadas á eSaúde dentro da área que dirixe. Na charla, Helena Fernández revisará o concepto e os obxectivos deste ámbito de traballo (novas tecnoloxías para mellorar e optimizar a atención médica); presentará tecnoloxías e proxectos desenvolvidos en Gradiant, e por último, comentará algunhas das liñas de traballo futuras en Gradiant, e os retos asociados a elas.
Fernández é directora técnica da Área de eSaúde no devandito centro tecnolóxico vigués. É enxeñeira eléctrica pola Universidade Estadual de Rio de Janeiro, máster pola Universidade Federal de Río de Janeiro (COPPE / UFRJ) e o doutorada na Universidade de Minho no marco do programa de colaboración internacional MIT-Portugal. Desenvolveu parte do seu traballo de doutoramento na División de Sistemas de Enxeñaría do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e na empresa portuguesa Critical Health.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?