Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Representantes das TIC amosan nunha xornada do CCG os camiños da literatura na docencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Representantes das TIC amosan nunha xornada do CCG os camiños da literatura na docencia

Redacción
Publicado: 02/07/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ccg_literatura.jpgO Consello da Cultura Galega organizou hoxe unha xornada de debate sobre o papel da literatura no ensino. O encontro, que se desenvolveu en Raxoi (Santiago), centrou unha boa parte do seu programa en avaliar as posibilidades da educación literaria no fomento do espírito creativo, na capacidade de retención do coñecemento e no impulso da vontade crítica. Amais, os relatores atinxiron os camiños percorridos (e por percorrer) polo binomio novas tecnoloxías-literatura. O evento, que aínda se está a desenvolver (ten sesión de tarde), contou coa coordinación de Dolores Vilavedra e Teresa López.
A xornada arrincou cunha ollada ao marco legal no que se move o ensino da literatura, agora en pleno cambio tras a publicación este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) do currículo de lingua e literatura que entrará en vigor no vindeiro mes de setembro. Ao fío disto, Noemí Álvarez Villar, asesora de Idiomas da Consellaría de Cultura, defendeu o novo currículo amparándose no novo marco legal. “O novo currículo está moi baseado na lei anterior, a LOE, pero adaptado a un novo formato que lle marca ao profesorado unha maior concreción á hora de avaliar e ao alumnado unhas maiores competencias”.
Pola súa banda, a especialista en didáctica da lingua e da literatura da Universidade de Santiago de Compostela Isabel Fernández López fixo un estudo comparativo entre as tres grandes leis educativas: a Lei Xeral de Educación de 1970, a LOGSE de 1990 e a LOMCE de 2013, no que afecta á literatura. Nel apuntaba que diminúe a presenza da literatura no currículo e achegou as súas dúbidas sobre o temario no que deixan de ter presenza os autores e as correntes.
A xornada da mañá completouse cunha ollada empresarial e tecnolóxica. Sven Huber, co-fundador de Boolino, portal web especializado na comercialización de libros para público infantil e xuvenil, deu a coñecer o seu método, que se basea en tres piares: bos libros, un traballo de divulgación de pais e gozar da lectura. Unha metodoloxía que colle corpo, engadiu, en recomendacións, vídeos e experiencias lúdicas arredor dos libros. Lembrar que Boolino é unha start-up catalá que naceu para aprender a ler a todos os membros da familia e que xa contaba o ano pasado con máis de 70.000 títulos dispoñibles. Foi posta en marcha por Sven Hubler e Toni Montserrat, e consiste nunha comunidade en liña de nais e pais comprometidos co potencial da lectura no desenvolvemento educativo da nenez. Boolino é un servizo de balde mediante o cal unha nai ou pai accede aos libros polos que máis poden devecer os seus pequenos, a través dun perfil e dun recomendador. Compleméntase con Mylittlebookbox, un modelo de subscrición para que os nenos reciban cada mes unha caixa cun libro e con propostas de actividades sobre ese libro para levar a cabo en familia.
Volvendo á xornada do CCG, logo da sesión de Sven Huber, foi a quenda de Xosé Manuel Moo, coordinador de edición educativa de Edicións Xerais de Galicia, e María Yáñez, cofundadora da empresa A Navalla Suíza, un dos referentes do noso tecido tecnolóxico-dixital.
A sesión da tarde está pensada para coñecer como lle afecta a contorna dixital a este tema, coas voces de dúas persoas especialistas na materia. Dunha banda, Laura Borrás, profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada (UB) e directora da Institució de les Lletres Catalanes. Da outra, José Rovira Collado, membro do Departamento de Innovación e Formación Didáctica da Universitat d´Alacant.
Pechan a cita as experiencias de Espazo Lectura, da man da súa presidenta, Concha Costas; da Editorial Galaxia, con Francisco Castro; e do Centro de Formación e Recursos de Pontevedra, con Paco Díaz, asesor de formación do ámbito lingüístico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?