Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: TELGalicia celebra este día 3 a súa xornada sobre recursos docentes abertos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

TELGalicia celebra este día 3 a súa xornada sobre recursos docentes abertos

Redacción
Publicado: 02/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A rede de investigación en innovación docente con novas tecnoloxías, TELGalicia, organiza este 3 de xullo a oitava edición da súa Xornada sobre Recursos Educativos Abertos (REA). O encontro, que comezará arredor das 10.00 horas no salón de graos da EE de Telecomunicación da Universidade de Vigo, arrancará cun relatorio da especialista Virginia Rodés, da Universidade da República, Uruguai, titulado Uso docente de repositorios de recursos educativos abertos, a que seguirán outros especialistas de Chile, Reino Unido, Ecuador e España.
Lembrar que a Rede TELGalicia é un tecido galego-europeo de grupos de investigación xurdido en 2012 co interese común na aplicación de TIC en novas propostas pedagóxicas de Primaria e Secundaria.
Trátase por unha banda de promover un emprego máis axeitado dos novos recursos tecnolóxicos dispoñibles (encerados dixitais, tabletas, etc.) de xeito que se faga un mellor aproveitamento de tódalas súas potencialidades. Por outra banda tamén se pretende ofrecer prácticas educativas innovadoras que involucren estes recursos tecnolóxicos e os cambios nas pedagoxías mesmas, “de xeito que se consiga unha participación máis activa e implicada dos alumnos”.
Como dixemos, a xornada contará coa presenza de Virginia Rodés, pero tamén de Javiera Atenas (University College London) e Ignasi Labastida (Universitat de Barcelona).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?