Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: TELGalicia presenta unha aplicación que fai realidade as clases 3.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

TELGalicia presenta unha aplicación que fai realidade as clases 3.0

Redacción
Publicado: 03/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_telgalicia_app.jpgHoxe celebrouse finalmente a xornada sobre recursos docentes abertos de TELGalicia que avanzamos dende Código Cero os días pasados e o encontro serviu, entre outras cousas, para dar a coñecer un destes recursos: unha aplicación para facilitar a mestras e mestres de Primaria e Secundaria a dixitalización do seu traballo diario nas aulas. En palabras dos seus responsables e tal e como reflicte a UVigo, trátase dunha ferramenta “para facer realidade as clases 3.0”. A rede TELGalicia, integrada por dez grupos de investigación das tres universidades galegas, o CESGA e Gradiant, celebrou a súa xornada (a oitava xa) na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. O encontro contou coa presenza de integrantes da rede tamén coa participación de especialistas internacionais en recursos educativos abertos, entre eles Ignasi Labastida, referencia en Creative Commons e no movemento aberto en España.
telgalicia_presentacion_app.jpgA aplicación presentada, dada a coñecer con vistas ao vindeiro cursos, é a plataforma Edu-AREA, unha aplicación para dispositivos móbiles Android acabada de publicar no Google Play e que xa está dispoñible para libre descarga. A ferramenta, deseñada polos investigadores de TELGalicia, permite que os mestres poidan acceder aos cursos habilitados na web de Edu-AREA a través das súas tabletas ou teléfonos móbiles, seguir os plans e facer trocos nos mesmos, introducindo novas actividades, rexistrar observacións, e subir fotos, vídeos ou outro tipo de ficheiros. En definitiva, fíxose saber na presentación, a través desta plataforma, “un profesor pode facer cousas como seguir durante a aula o seu plan de clase actividade a actividade vendo os recursos e as orientacións que preparou e, cando o considere oportuno, facer unha foto ou gravar un vídeo para recoller algo que lle chama a atención”. Por certo que Edu-AREA achega operatividade aínda que o dispositivo non conte con conexión a Internet, o que o fai moi axeitada para abranguer tamén actividades ao aire libre. A aplicación dispón tamén dunha funcionalidade para a localización e esluído de facianas nas fotografías. Isto posibilita manter o anonimato dos nenos ou adolescentes “e manter así coas normas de moitos centros de ensino non universitario”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?