Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega a plataforma galega Opositatest.com, a antesala online das oposicións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega a plataforma galega Opositatest.com, a antesala online das oposicións

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

opositest1.jpgEstudar para unhas oposicións non é tarefa doada polo que calquera ferramenta que bote unha man para facer máis levadeiro o traballo é sempre benvida. Con isto en mente botaba a andar hai seis meses na cidade da Coruña, Opositatest.com , unha start-up con capital 100% galego e nada co gallo de adaptar o estudo das oposicións ás novas tecnoloxías. Emporiso, cómpre concretar, Opositatest.com vai encamiñada aos opositores do mundo da xustiza, e como novidade, dicir que estamos perante o primeiro proxecto de oposicións que actualizou o seu temario conforme á última reforma do Código Penal.
Dentro das oposicións existentes, as de Acceso á Carreira Xudicial e Fiscal e ao Corpo de Secretarios Xudiciais son dous das máis prestixiosas do Estado e que maiores dificultades entrañan. A devandita web nace dunha necesidade, a dun grupo de opositores e exopositores que demandaban con urxencia novas ferramentas para achandar o camiño ás devanditas probas. Por iso, para dar solución ao seu problema, creouse un equipo interdisciplinar composto por mozos enxeñeiros informáticos, licenciados en Dereito e opositores, para abranguer todos os aspectos que a creación dunha ferramenta en liña destas características.
opositest2.jpgQuen visite Opositatest.com verá que o espazo está centrado na preparación da primeira proba das citadas oposicións, proba que consiste na resolución dun cuestionario tipo test.
Subliñar que existe a posibilidade de que o usuario (partindo da base de datos) poida crear unha chea de tests personalizados, incluídas probas completamente aleatorias que simulan e reproducen un exame real da oposición diferente cada vez.
Isto acompañado doutra funcionalidade nova, o seguimento personalizado. Mediante fórmulas matemáticas e gráficos conseguimos que os usuarios poidan saber e coñecer en todo intre a súa evolución, o seu progreso ou a súa posición en relación con outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?