Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC presenta na asemblea o seu marco de referencia para o medre do sector
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC presenta na asemblea o seu marco de referencia para o medre do sector

Redacción
Publicado: 06/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cluster_tic_galicia-2.jpgO Clúster TIC Galicia celebrou o 30 de xuño a súa asemblea xeral ordinaria, cita anual que lle serve á plataforma empresarial galega de reconto dos froitos recentes acadados e, tamén, de alicerce para a folla de ruta futura. A xuntanza, que segundo informa Clúster saldouse cunha “ampla participación dos socios” e cunha “ratificación por unidade de todos os puntos da orde do día”, complementouse cunha charla sobre Compra Pública Innovadora (CPI). Como dixemos, na asemblea propiamente dita deuse conta do traballo feito ata o de agora. Ao fío disto, informouse que a situación económica tivo un resultado de superávit, o que vai permitir ao Clúster “desenvolver máis proxectos ata final de ano”.
Na xuntanza os socios aprobaron por unanimidade a continuidade de accións nas que se potencie o empresariado TIC ampliando a carteira de proxectos colaborativos e abrindo posibilidades de negocio en mercados internacionais. Segundo informou o Clúster, todas estas accións deben enmarcarse no Decálogo de medidas estratéxicas, un documento que se está a elaborar coas achegas dos integrantes da plataforma e que “será a referencia para planificación das actividades do Clúster”. As medidas recollidas no decálogo enmarcan o traballo da entidade coas diferentes axencias e institucións con competencias en TIC. Abranguen, entre outras cousas, a celebración dun congreso tecnolóxico-dixital e dun pulo ás actividades de divulgación científica e tecnolóxica nos ámbitos docentes da nosa terra. O titular de cada unha das medidas é o seguinte:
· Medida 1: Definición lexislativa dos Clústeres
· Medida 2: Plan de promoción da creación do plan de procesos e sistemas sectoriais
· Medida 3: ReaccionaTIC
· Medida 4: Simplificación de normativas
· Medida 5: Especialización
· Medida 6: Consultas previas sobre Compra Pública Innovadora (CPI)
· Medida 7: Introdución máis intensiva da ciencia e a tecnoloxía nas aulas, na FP e nas empresas
· Medida 8: Apoio a start-ups
· Medida 9: Modelo Produtor – Exportador
· Medida 10: Ampliación do perímetro de actuación do Clúster TIC
· Medida 11: Congreso Tecnolóxico TIC de Galicia

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?