Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tyco Alert permite controlar o fogar ou negocio que fiquen baleiros nas vacacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tyco Alert permite controlar o fogar ou negocio que fiquen baleiros nas vacacións

Redacción
Publicado: 06/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tyco_alert.jpgA empresa Tyco, multinacional centrada en solucións de seguridade e protección contra incendios, está a presentar estes días un desenvolvemento tecnolóxico que semella indicado para quen estea a piques de liscar de vacacións e desexe ter ao alcance da man (no seu dispositivo) unha ferramenta que achegue protección para o fogar agora baleiro. Trátase de Tyco Alert, e preséntase como “unha app que axuda a reforzar a seguridade do fogar e os negocios e que permite vixiar todo o que está a acontecer na casa ou na oficina dende calquera intre e lugar”. Está dispoñible para Android, e en datas vindeiras tamén para iOS na App Store.
En realidade Tyco Alert consiste nun sistema de alarma que se por algo se diferenza dos que xa coñecemos é porque boa parte do seu funcionamento artéllase a través do móbil, co que se engade un extra de comodidade e facilidade de uso. Permite, entre outras cousas, acceder a toda a rede de seguridade e control do fogar ou negocio cun só clic, achegando xestión remota do dito sistema ata se nos atopamos fóra da casa ou empresa, podendo conectalo ou conectalo total ou parcialmente.
Ademais, teremos a opción de recibir no dispositivo ou tableta imaxes en tempo real do inmóbel que queiramos protexer e controlar deste xeito o que pasa dentro en cada intre. A maiores, a aplicación fornece informes da actividade do fogar ou negocio, incluíndo recibos de avisos para coñecer as entradas e saídas de xente, o que resulta moi acaido, sinalan os creadores da aplicación, para “controlar a chegada dos fillos ou os movementos do persoal”.
Por último, subminístranse alarmas para coñecer o estado xeral do sistema, avisándonos en caso de incidencias técnicas e a achegando a posibilidade de verificar o estado dos dispositivos da rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?