Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vilagarcía presenta unha cita TIC para a mocidade de 16 a 35 anos: Tecnoverán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vilagarcía presenta unha cita TIC para a mocidade de 16 a 35 anos: Tecnoverán

Redacción
Publicado: 06/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Presentación de Tecnoverán nunha imaxe publicada por El Faro de Vigo
Presentación de Tecnoverán nunha imaxe publicada por El Faro de Vigo
O Concello de Vilagarcía presentou a semana unha actividade para mozas e mozos de entre 16 e 35 anos dirixida a ampliar os seus coñecementos tecnolóxico-dixitais ao tempo que intercambian información e comunicación con outras mozas e mozos nun ambiente de lecer propio destas datas. Trátase de Tecnoverán, unha quedada estival organizada polo Centro de Formación de Matosinhos (Vilagarcía) entre os días 13 e 17 de xullo. Na actividade darase acubillo a dúas ducias de rapaces. Segundo informa o Concello, os interesados poden aínda inscribirse a través da Concellería de Xuventude. A participación é de balde e o horario do curso, de 10 a 14 horas, do luns 13 ao venres 15.
A actividade foi presentada o pasado 3 de xullo por Sonia Outón, concelleira de Xuventude, que lembrou que Tecnoverán forma parte dun programa máis amplo, Emprende VGA, que se vén desenvolvendo entre maio e xuño, pero abrangue máis accións formativas e colaborativas. En palabras da responsable de Xuventude, estamos ante “unha oportunidade única para pasar uns días distintos neste inicio de verán”. Segundo fixo saber, os rapaces que participen terán a oportunidade de aprender cuestións básicas de deseño e desenvolvemento de aplicacións e mesmo de robótica e ata poderán gozar dun concurso de deseño de empresas de base tecnolóxica.
Na presentación participaron tamén Yolanda Baños, socia do coworking DaqueQDalle, dende o que se puxo en marcha o proxecto Emprende VGA, e Diego Parajó, impulsor, xunto con Jorge Lafuente, do proxecto Anakin co que ambos pretenden levar adiante proxectos de innovación tecnolóxica na comarca. Sonia Outón rematou a súa intervención salientando a súa arela de continuar apostando pola formación e o fomento do espírito emprendedor, xa que, engadiu, “estamos convencidos de que fomentar o talento local é o mellor investimento que pode facer este e calquera outro goberno”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?