Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abertal impulsa a comunicación en liña de Códice e Necos Moda Infantil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abertal impulsa a comunicación en liña de Códice e Necos Moda Infantil

Redacción
Publicado: 07/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

codize1.jpgAbertal, a firma de Carballo que dirixe Manuel Pan, vén de informar de dous novos traballos de comunicación e desenvolvemento web para empresas da nosa terra. O primeiro dos traballos foi o deseño e posta en marcha da nova web de Códice, que é unha empresa da Coruña adicada á encadernación artesanal e especializada nas publicacións en formato de luxo. “Con esta páxina”, sinalan dende Abertal, “o que se pretende foi establecer unha nova canle de comercialización dos produtos e servizos de Códice, tanto para promocionalos a nivel local como para iniciar a a súa comercialización a través da Rede”.
codize3.jpgUn dos obxectivos da plataforma web da empresa de encadernación foi o de fornecer “un servizo personalizado” para os usuarios da Internet, un reto complicado, sinala Abertal, para o que se botou man do desenvolvemento de diversos formularios a través dos que se pode realizar un proxecto totalmente personalizado, calcular un orzamento a medida e mesmo realizar o pedido en liña. A proposta compleméntase cunha tenda online dende a que se distribúen todo tipo produtos relacionados de papelería como selos, cartafoles, etc.
O outro dos traballos dos que damos conta foi o impulso web e posicionamento local de Necos Moda Infantil, unha tenda do sector téxtil que Abertal está a levar ao ámbito das actividades de captación en redes sociais, á procura de máis e mellor visibilidade en buscadores e (probablemente) ao eido do comercio electrónico. “Neste proxecto”, explican dende a firma de Carballo, “séntanse as bases tecnolóxicas para que este pequeno e especializado comercio poida dentro duns meses analizar se está preparado para dar un paso definitivo á venda en liña”. Polo de agora, o que si se puxo en marcha foi unha “coidada presencia web”, sinala Abertal, cun outlet na plataforma Prestashop. Logo iniciarase unha campaña na Rede dirixida ao cliente de proximidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?