Hai uns anos chegaron ao mercado español moreas de Operadores Móbiles Virtuais (OMV) que pretendían facerse cunha porción da torta do negocio da telefonía móbil cun investimento mínimo, con sortes moi diferentes, de xeito que algunhas compañías como Pepephone conseguiron consolidar unha boa carteira de clientes grazas ao seu bo servizo de atención, mentres que outros foron deixando de operar paulatinamente, e nesta última liña está Bankinter Móvil, compañía que operaba coa rede de Orange, e que está a comunicar aos seus usuarios que o vindeiro 31 de xullo deixará de existir, portando os seus usuarios a Simyo.
Os actuais clientes de Bankinter Móvil non percibirán cambios de cobertura (xa que a súa compañía actual e Simyo empregan a mesma rede) pero si recibirán unha nova tarxeta SIM, asignándoselles tamén a tarifa de Simyo que máis se aproxime á súa tarifa actual.
Con esta operación confírmase a tendencia á concentración de operadores de telecomunicacións despois de anos nos que se intentou crear unha aparencia de competencia que nunca chegou a ser tal.
Bankinter Móvil deixará de operar o vindeiro día 31
Compartir Este Artigo
