Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Everis facturou 691 millóns de euros, un 14% máis
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Everis facturou 691 millóns de euros, un 14% máis

Redacción
Publicado: 07/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

everis_benito_vazquez.jpg
A consultora tecnolóxica española Everis vén de presentar os seus números relativos a 2014. No informe salienta ante todo unha facturación de 691 millóns de euros (un 14% máis que o ano anterior) e máis un medre no mercado español de arredor do 10%, o que achega unha cifra de398 millóns de euros. O encargado de fornecer estes logros foi o director executivo (CEO) de Everis, Benito Vázquez, quen engadiu que a consultora prevé manter o seu ritmo de crecemento de dous díxitos durante o presente exercicio, e medrar en 1.800 profesionais. Lembrar que se trata do primeiro reconto logo da incorporación de Everis no grupo multinacional NTT DATA.
Everis tamén lembrou que a día de hoxe ten presenza en 5 países de Europa (Bélxica, España, Italia, Portugal e Reino Unido) e 7 de América (Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, México, Perú e Estados Unidos). O devandito grupo multinacional ao que pertence agora é a sexta compañía de servizos IT do mundo, con máis de 75.000 profesionais e presenza en todas as xeografías.
Con todo e malia este proceso de espallamento, sinalou Benito Vázquez, España continúa sendo o mercado principal de Everis, coa devandita facturación 398 millóns de euros e un crecemento en torno ao 10%. O director executivo tamén recordou que a firma conta arestora con máis de 13.000 profesionais e agarda medrar ao redor de 1.800 persoas ao longo de todo o exercicio. De todas elas, a maioría serán mozos recentemente titulados universitarios, especialmente en enxeñarías, “en liña coa vocación de Everis por potenciar o talento novo”, explicou o CEO da firma, que engadiu que “a filosofía da compañía baséase en atraer o mellor talento e mantelo fiel, proporcionándolle as mellores oportunidades na súa carreira profesional, o que nos permite pór a disposición dos clientes as solucións máis innovadoras”.
Con respecto aos resultados en Europa, Reino Unido e Bélxica foron os mercados onde máis medrou Everis ao dobrar a súa facturación. Así, Reino Unido duplicou os seus ingresos, pasando de 6 millóns a 13 millóns de euros e Bélxica de 16 millóns a 32 millóns de euros. Os mercados italiano e portugués, pola súa banda, tamén rexistraron datos superiores ao exercicio anterior. O primeiro incrementou un 17% a súa facturación (chegando aos 34 millóns de euros), mentres o segundo incrementouse nun 18% (alcanzando os 17 millóns de euros).
En canto a América, o negocio creceu un 11% despois de lograr unha facturación de 197 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?