Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS acolleu ata 16 demostracións tecnolóxicas en Inside the Lab
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS acolleu ata 16 demostracións tecnolóxicas en Inside the Lab

Redacción
Publicado: 07/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

situm_inside_the_lab.jpgO Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) acolleu a semana pasada o encontro Inside The Lab, unha xornada de presentación de tecnoloxía na que se amosaron en detalle os resultados das diferentes liñas de investigación do edificio tecnolóxico da USC, todas elas con aplicacións nunha chea de eidos de actividade empresarial e industrial. A xornada levouse a cabo con formato de encontro de portas abertas, sen axenda e con posibilidade plena de interactuar cos investigadores e responsables dos proxectos. En total, houbo 16 demostracións, incluídas as das dúas iniciativas empresariais xurdidas do centro, Cilenis e Situm.
Entre as tecnoloxías amosadas incluíuse un sistema que é quen de converter grandes cantidades de datos numéricos en linguaxe natural. Esta tecnoloxía, como lembraremos, está a ser empregada por MeteoGalicia. Coñécese polo nome de GALiWeather e permite, máis en detalle, que os usuarios da web do servizo galego de meteoroloxía consulten de xeito comprensible as predicións meteorolóxicas para cada un dos 314 concellos galegos, facilitando a interpretación dos datos meteorolóxicos e sen precisar da redacción manual elaborada por expertos como acontece no caso da predición a curto prazo para Galicia.
inside_the_lab.jpgComo dixemos, na xornada Inside the Lab tamén se deu conta (por parte dos responsables de cada unha das empresas) dos traballos recentes de Cilenis e Situm. A primeira, especializada en tecnoloxías de linguaxe, ten desenvolvido tecnoloxías tan avanzadas e innovadoras como un analizador de sentimentos ou conxugadores para diferentes idiomas, como o galego, o español, o portugués e o inglés. Estes últimos acubíllanse no portal de ferramentas lingüísticas Linguakit, que salienta entre outras cousas por fornecer unha morea de instrumentos tecnolóxicos para o uso e o estudo de catro linguas: galego, español, inglés e portugués.
Na cita tamén participou Situm, centrada no deseño e desenvolvemento de sistemas de localización e navegación en interiores para dispositivos intelixentes, achegando unha alternativa multisensorial para espazos onde o GPS non está operativo. En Inside the Lab amosou entre outras cousas servizos xeoposicionados de seu para o guiado de persoas en grandes superficies, para a procura de produtos e tendas en centros comerciais ou para o estudo do comportamento dos clientes nun establecemento.
Situm, como lembraremos, foi galardoada recentemente na décimo quinta edición do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago, na modalidade de Base Tecnolóxica. Integran o equipo promotor Víctor Álvarez Santos, Adrián Canedo Rodríguez e Cristina Gamallo Solórzano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?