Cantos cartos pode chegar a facer un youtuber? Esa pregunta fanse moitos, e en poucas ocasións podemos ter datos fiables, xa que os acordos publicitarios aos que chegan habitualmente son confidenciais, pero o Expressen sueco desvela que o youtuber máis popular do mundo, Felix Kjellbergs PewDiePie, chegou a facturar en 2014 a través da súa produtora un total de 63,7 millóns de coroas (6,83 millóns de euros), cando en 2013 ingresara 29,6 millóns e en 2012 7,2 millóns, deixando claro que o fenómeno do vídeo pola Internet está en alza e as estrelas que xorden do mesmo teñen unha grande influencia.
Actualmente PewDiePie suma máis de 37,7 millóns de subscritores en YouTube e acumula máis de nove mil millóns de reproducións dende que abriu a súa canle de vídeo en 2010, e a súa popularidade levouno tamén a dar pasos como editar un libro de seu, Este libro te quiere, paso quen en España xa fixeron outros youtubers como El Rubius (con El Libro Troll que foi todo un supervendas estatal), Auron Play (De Lo Peor, Lo Mejor), Mangel (Salseo Gamer)… dando conta de que este fenómeno non para de medrar e trasládase máis aló da Rede.
O youtuber máis popular do mundo facturou preto de 7 millóns de euros en 2014
Compartir Este Artigo
