Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha enxeñeira informática galega compatibiliza os dispositivos das Cidades Intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha enxeñeira informática galega compatibiliza os dispositivos das Cidades Intelixentes

Redacción
Publicado: 07/07/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_lorena_otero-2.jpgO concepto do intelixente ou smart está a medrar ao noso arredor, espallándose por calquera contexto, cobrando vida mesmo nas contornas urbanas, que nos últimos tempos tamén queren aumentar os seus coñecementos ata converterse en Smart Cities. Parques, semáforos, vehículos, edificios… en todos eles instálanse sensores, aplicacións e todo tipo de ferramentas que achegan información e utilidades. Porén, cada cidade e cada proxecto estase a desenvolver de xeito independente, o que provoca que o salto dun a outro dispositivo e dunha a outra cidade non sexa posible na maioría das ocasións. Atendendo a este baleiro intelixente, Lorena Otero vén de desenvolver na súa tese de doutoramento unha serie de algoritmos que permitirían integrar diferentes dispositivos e mesmo proxectos de Smart Cities.
A tese, titulada Estudo e aplicación de novos métodos de aliñamento de ontoloxías, foi dirixida polo docente Francisco Javier Rodríguez Martínez, e presentada este curso na Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense.
Froito de tres anos e medio de investigación no Grupo LIA2, o estudo analiza as técnicas e aplicacións destes métodos e propón novos algoritmos baseados no aliñamento de ontoloxías para o seu uso no campo das cidades intelixentes. “Nos proxectos de Smart Cities en moitas ocasións os desenvolvementos fanse en proxectos piloto independentes e non necesariamente os desenvolvementos dun proxecto manexan o coñecemento co que traballan os demais. Cada un deles representa a información dun xeito diferente, coas consecuencias que iso implica”, explica a doutora en Enxeñaría Informática con mención internacional.
Unha ontoloxía, explica, é unha especificación formal dunha conceptualización compartida. É dicir, tense un vocabulario que define un dominio de interese, o cal se acompaña coa especificación, máis ou menos formal, do significado dos termos de dito vocabulario. As técnicas de aliñamento de ontoloxías o que permiten é extraer as relacións que existen entre os conceptos. “Por exemplo, se temos dous grupos de persoas que describen de maneira distinta dúas áreas xeográficas que se solapan en certa medida, as técnicas de aliñamento de ontoloxías permiten asociar de xeito automático eses conceptos: o que para un grupo é unha rúa asóciao co que para outros é unha avenida”.
O obxectivo da súa investigación foi comprobar se empregando aliñamentos de ontoloxías en Smart Cities se poderían integrar diferentes sensores, aplicacións… desenvolvidos de maneira independente, ou mesmo feitos para diferentes cidades intelixentes, evitando ter que recodificar parte da Cidade Intelixente, co conseguinte gasto e impacto temporal que provocaría. “A idea sería que nun futuro un vehículo conectado movéndose de cidade intelixente en cidade intelixente tivera acceso a todos os servizos que estas acheguen dunha maneira automática”, indica a investigadora.
Para rematar, Otero Cerdeira afirmaba que “os resultados destas probas demostraron que si é posible empregar aliñamento de ontoloxías en cidades intelixentes, cun grao de fiabilidade moi alto”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?