Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A xornada sobre CPI celebrada en Santiago serviu para facer un chamamento a prol de máis compra pública innovadora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A xornada sobre CPI celebrada en Santiago serviu para facer un chamamento a prol de máis compra pública innovadora

Redacción
Publicado: 08/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpeig_cpi-2.jpgFinalmente celebrouse a semana pasada, o 2 de xullo, o encontro do CPEIG e o Clúster TIC para amosar as potencialidades da Compra Pública Innovadora (CPI) para o impulso das firmas do noso tecido tecnolóxico-dixital. A Xornada de Oportunidades de CPI para empresas TIC, que complementou os actos da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia celebrada o pasado venres 26 de xuño, tivo lugar no edificio CERSIA de Santiago e foi inaugurada polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e polo director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela. Segundo fixo saber este último, a compra pública innovadora é unha técnica de contratación “clave” para axudar ás empresas galegas a desenvolver novos produtos de vangarda e comercializalos. Emporiso, fixo un convite a apostar máis por este tipo de prácticas.
Varela salientou tamén ata que punto saen gañando todos os axentes implicados cando unha administración aposta por un produto innovador para resolver unha necesidade, co engadido extra (vantaxe extra) de que o produto fose desenvolvido ou participado ou integrado por empresas da contorna. Ao seu xuízo, as vantaxes principais son tres: a CPI dota ao sector público dunha tecnoloxía que facilita o servizo ao cidadán; ademais a compra pública innovadora permite a unha empresa galega que vén de investir no desenvolvemento dun proxecto de vangarda acadar a primeira venda, “amortizando parte do investimento”; por último, dixo, este tipo de operacións permiten amosar que o produto funciona, abrindo a porta á súa comercialización en todo o mundo, “e contribuíndo así á boa marcha das exportacións da comunidade”.
A maiores, Varela fixo mención das liñas estratéxicas levadas a cabo neste ámbito por GAIN, que situaron á axencia, engadiu, “como líder a nivel estatal no eido da compra pública innovadora”, en parte grazas a acordos como os asinados pola axencia co SERGAS, o Concello da Coruña e as tres universidades galegas para impulsar esta práctica. Varela rematou cun chamamento a “incorporar a máis administracións a esta práctica, que tantos beneficios ten dado a Galicia nos últimos anos, e que medrará aínda máis ata 2020”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?