Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A viguesa Citious participará no Campus de Google en Madrid
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A viguesa Citious participará no Campus de Google en Madrid

Redacción
Publicado: 10/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citious.jpgA startup viguesa Citious, creadora da aplicación do mesmo nome destinada a facilitar mensaxería instantánea de atención ao cliente, vén de ser seleccionada para participar no certame Google Campus@exchange, que se vai celebrar do 13 ao 17 de xullo en Madrid. A participación neste evento da firma galega, unha das iniciativas impulsadas na segunda edición da aceleradora VíaVigo (Consorcio da Zona Franca), implica que a empresa da nosa terra terá espazo de seu entre as oito firmas B2B máis salientables e de meirande proxección do ámbito estatal.
Segundo informan dende VíaVigo, Citious foi posta en marcha por Jorge J. Rodríguez Núñez e Pablo Gutiérrez Alfaro. No Campus de Google, engade a aceleradora, estes emprendedores vigueses terán agora a oportunidade de aprender dos mellores profesionais e poderán presentar o seu proxecto ante unha gran cantidade de clientes potenciais. Nesta liña de destacar as oportunidades da cita sitúase Pablo Gutiérrez, director executivo da nova firma galega e enxeñeiro informático formado no Campus de Ourense (Uvigo), que destaca que “a selección e participación de Citious neste programa converteuse nunha gran oportunidade de crecemento”.
A tecnoloxía desenvolvida por Citious permite que clientes e empresas poidan comunicarse de maneira cómoda, rápida e personalizada baseada nas novas aplicacións de mensaxería instantánea. Segundo explican Jorge e Pablo, “o obxectivo é dar un paso adiante na atención tradicional aos clientes adaptando as actuais formas de comunicación ás súas necesidades; para isto ofrecemos ás empresas a súa propia aplicación de mensaxería instantánea para que os usuarios dos seus servizos e produtos se comuniquen con eles de xeito cómodo, doado e rápido”.
Respecto do Campus de Google en Madrid, lembrar que a axenda do encontro inclúe un curso intensivo de dirección empresarial no que os emprendedores poderán asistir a charlas e obradoiros impartidos por profesionais de Google e por expertos externos en materias como desenvolvemento de negocio, mercadotecnia ou tecnoloxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?