Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega La Nevera Roja Premium con máis de 130 restaurantes adheridos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega La Nevera Roja Premium con máis de 130 restaurantes adheridos

Redacción
Publicado: 10/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Caroline Wakefield, directora executiva da división Premium
Caroline Wakefield, directora executiva da división Premium
A plataforma en liña para entrega de comida La Nevera Roja, creada polo vigués José del Barrio e agora integrada en Rocket Internet, está a complementar a súa actividade cunha nova achega en España, La Nevera Roja Premium, dispoñible polo de agora para as cidades de Madrid e Barcelona. O novo servizo, que xa ten máis de 130 restaurantes adheridos, foi lanzando co obxectivo firme de “revolucionar o negocio da entrega de comida en liña en España”.
Segundo informan os responsables da plataforma, a versión Premium foi “un paso natural” na súa evolución. “Tralo éxito de La Nevera Roja”, sinala Caroline Wakefield, directora executiva desta nova póla de actividade, “fomos testemuñas dunha crecente demanda de diversas opcións de comida de calidade nas devanditas cidades”. Premium diríxese pois a satisfacer esta demanda de diversidade. Isto, engade Caroline, significa entre outras cousas que os establecementos van gozar dun acceso directo a unha base de clientes moito maior e, como consecuencia, ao aumento dos seus ingresos. E todo sen ter que contratar aos seus propios mensaxeiros.
Por outra banda, explica Caroline, a existencia dun servizo coma este deixa ceibes aos restauradores para facer o que saben facer mellor: crear pratos. “La Nevera Roja Premium”, di, “encárgase do resto”. Ou sexa, de recoller a comida e entregala aos clientes.
Todas as entregas realízanse en moto coa axuda dun avanzado algoritmo tecnolóxico que optimiza o proceso. Para asegurar que os produtos manteñan a súa alta calidade e cheguen ao destino dentro dunha media de menos de 38 minutos, os pedidos limítanse a unha área delimitada.
Lembrar que a empresa de raizame galega foi adquirida pola plataforma alemá Rocket Internet en febreiro deste ano co 100% do capital social transferido. A filial Premium introduciuse en España coa intención de ampliar e diversificar o negocio.
Como funciona?
La Nevera Roja Premium ofrece distribución eficaz aos establecementos de calidade seleccionados previamente e que arestora non teñen o servizo de entrega de comida. Na web do servizo os clientes piden a súa comida entre unha ampla escolma de restaurantes referenciais que están dispoñibles dentro da súa área; a plataforma encárgase do resto. Os seus repartidores implicados recollen os pedidos e lévanos aos clientes empregando motos personalizadas coa marca. Os clientes poden pagar os seus pedidos con cartón de crédito ou PayPal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?