Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Luís Pérez Freire asume a dirección xeral do centro tecnolóxico Gradiant
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Luís Pérez Freire asume a dirección xeral do centro tecnolóxico Gradiant

Redacción
Publicado: 10/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

luisperezfreire_agrandado.jpgGradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, ten novo director xeral, Luís Pérez Freire, vencellado ao Centro dende 2009. Até a data do seu nomeamento como director xeral, Pérez Freire ocupaba o posto de director de Innovación, e previamente, o de director técnico da Área de Información Multimodal. Pérez Freire é doutor enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo, despois de centrar o seu labor investigador en tecnoloxías de seguridade e procesado multimedia.
Pérez Freire declarou a súa vontade de seguir as liñas mestras e retos formulados no Plan Estratéxico de Gradiant 2014-2016 (a internacionalización, a excelencia técnica e operativa, e un maior enfoque á xeración de valor para as empresas), en cuxa elaboración colaborou activamente. Así mesmo, reiterou a súa intención de que Gradiant “siga traballando como ata agora”, en beneficio do tecido empresarial de Galicia e da sociedade galega a través da I+D+i.
Luís Pérez Freire asume o seu nomeamento con “ilusión e compromiso”, convencido de que o Centro será capaz de superar os retos que se lle formulan. O novo director xeral declárase “convencido” de que o Centro levará a cabo a súa misión de contribuír ao desenvolvemento tecnolóxico de Galicia e ao crecemento da súa economía mediante a transferencia tecnolóxica e a innovación.

Perfil profesional

Luis Pérez Freire naceu en Marín, Pontevedra, en 1980. Recibiu os títulos de Enxeñeiro de Telecomunicación e Doutor Ingeniero en Telecomunicación por la Universidad de Vigo en 2003 y 2008, respectivamente, periodo no que foi investigador asociado no Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC) do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións de devandita universidade, centrando o seu traballo principalmente en seguridade multimedia e watermarking. En 2006 foi galardonado cunha bolsa de postgrado da Fundación Caixa Galicia coa que realizou unha estancia de investigación sobre Digital Watermarking no Electrical and Computer Engineering Department da Universidade de Illinois en Urbana-Champaign, USA. En 2008 foi investigador postdoutoral nos Security Labs de Thomson R&D en Rennes, Francia, onde continuou desenvolvendo o seu traballo sobre protección da información multimedia.
As súas principais liñas investigadoras céntranse no marcado de agua dixital e a seguridade multimedia, áreas sobre as que ten publicado numerosos artigos en revistas e conferencias internacionais de prestixio, e nas que conta con tres solicitudes de patente en proceso. Asemade, ten participado en varios proxectos na área de seguridade multimedia, como na rede de excelencia europea ECRYPT, ou en proxectos nacionais como CINNEO e E2ERM. En 2007 recibiu en Saint-Malo, Francia, o Young Author Best Paper Award do Information Hiding Workshop, IH'07, e en 2009 recibiu o premio COIT/AEIT á mellor Tese Doutoral en Xestión, Economía e Regulación das Telecomunicacións. Luis é revisor habitual das principais revistas na súa área, como IEEE Transactions on Information Forensics and Security e EURASIP Journal on Information Security.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?