Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amplíase ata o mércores 15 o prazo de candidaturas aos Premios Galicia das Telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amplíase ata o mércores 15 o prazo de candidaturas aos Premios Galicia das Telecomunicacións

Redacción
Publicado: 13/07/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Os premiados na edición 2014 dos galardóns
Os premiados na edición 2014 dos galardóns
O prazo para a presentación de candidaturas aos Premios Galicia das Telecomunicacións 2015 convocados polo COETG e a AETG amplíase finalmente ata o mércores 15 de xullo. Segundo informa o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, estes galardóns son “unha excelente plataforma para a promoción e proxección das empresas e profesionais galegos e para os produtos e servizos que se están a desenvolver no sector TIC en Galicia”. Serán entregados durante a XX Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2015, organizada polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) que terá lugar o 25 de setembro de 2015 no Gran Hotel da Toxa baixo o lema Un mundo conectado.
Por galardóns e obxectivos, lembrar que estamos a falar de catro distincións e que o Premio Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial TIC, o Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao sector TIC e o Premio Ineo ao produto ou servizo TIC orientado ao Internet das cousas 2015, teñen por obxecto “potenciar o noso sector salientando aquelas empresas, desenvolvementos e investigacións aplicadas con maior posibilidade de crecemento e proxección”. Convócase tamén o Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2015, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), destinado a recoñecer os mellores proxectos no ámbito das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) que contribúan e acheguen beneficios á sociedade.
Estes son son os galardóns, punto por punto e especificándose a quen se dirixe e cales son as recompensas incluídas ao seu abeiro:
Premio Gerardo García Campos
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convoca o Premio Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial no sector TIC 2015, patrocinado pola Fundación homónima e dotado con 6.000 euros, é unha iniciativa que premia aqueles proxectos empresariais emerxentes no ámbito das Tecnoloxías da Información e da Comunicación que representen unha innovación, coa finalidade de darlles un impulso económico, empresarial e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina.
Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convoca o Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao sector TIC 2015. Coa concesión desta distinción patrocinada pola Fundación Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) e dotada con 2.000 euros, preténdese fomentar a realización de teses doutorais con potencial de aportar valor no mercado como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC.
Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convoca o Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2015, que xa se ven concedendo dende hai algúns anos xunto co resto de galardóns no marco da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia. Este premio de carácter honorífico, pretende recoñecer os mellores proxectos no ámbito das TIC que contribúan e aporten beneficios á sociedade.
Premio Ineo ao produto ou servizo TIC orientado á Internet das Cousas
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convoca o Premio Ineo ao produto ou servizo TIC orientado á Internet das cousas 2015, patrocinado pola Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (Ineo) e de carácter honorífico, está destinado a recoñecer ás empresas que estean a contribuír á modernización e á innovación na economía galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?