Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Robots intelixentes, sistemas de detección de inundacións e videoxogos protagonizan o campamento tecnolóxico de verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Robots intelixentes, sistemas de detección de inundacións e videoxogos protagonizan o campamento tecnolóxico de verán

Redacción
Publicado: 14/07/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

tecnopole-tecnolochicals-workshops-t2w-6.jpgOs 40 participantes do campamento de verán organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole experimentaron das maneiras máis divertidas durante dúas semanas para adquirir competencias e habilidades de innovación. Esta mañá mostraron os seus proxectos durante a última xornada dos Tecnópole Technological Workshops (T2W), nos que participaron rapaces e rapazas de entre 12 a 18 anos procedentes de Ourense, Vigo, Gondomar e Santiago.
No único campamento tecnolóxico de verán que se celebra en Galicia deseñáronse e construíronse prototipos a partir de ideas que na maior parte dos casos seguirán a desenvolverse os vindeiros meses para participar en novembro na décima edición da feira Galiciencia.
Logo de amosar os seus proxectos, os equipos enfrontáronse nunha competición de foguetes propulsados por auga e aire, deseñados e construídos por eles mesmos aplicando as leis de Newton e os principios básicos da aerodinámica.
O prototipo máis espectacular dos expostos hoxe foi o dun aerodeslizador, un vehículo a motor que se deslizou polos corredores da Tecnópole lanzando un chorro de aire que lle permite desprazarse flotando sobre o chan mentres soporta o peso dun piloto.
tecnopole-tecnolochicals-workshops-t2w-.jpgOs videoxogos centraron unha boa parte dos proxectos desenvolvidos polos equipos. Grazas a linguaxes de programación intuitivas como o Scratch, lograron en tan só estas dúas últimas semanas crear xogos educativos. Nun deles, hai que guiar o gato ecoloxista para depositar o lixo de maneira selectiva no seu colector correspondente. Noutro, os comandos actívanse sobre plataformas dispostas no chan que permiten dirixir os personaxes do videoxogo pulsando cos pés grazas á aplicación dun controlador denominado Makey Makey.
O láser foi a outra tecnoloxía estrela deste ano. Un dos equipos desenvolveu un sistema para diferenciar o aceite de oliva virxe extra do que non o é, de maneira que ao atravesalo o láser emite unha ou outra cor. A través dun sofisticado deseño, outro dos equipos foi capaz de deseñar un sistema de captura e reprodución de música do móbil ao ordenador vía láser.
Dúas das participantes aproveitaron o campamento para perfeccionar un proxecto que están planeando patentar. Trátase dun sistema de detección de inundacións a través dun pluviómetro que se enche só en caso de chuvias torrenciais e que, mediante un sensor, lanza un sinal no momento no que a auga chega ao borde. Neste momento, traballan no sistema de envío do sinal de alerta ao móbil.
tecnopole-tecnolochicals-workshops-t2w-2.jpgCociñas solares, unha trituradora e compostadora de residuos domésticos e un trivial baseado en coñecementos sobre as constantes vitais foron algúns dos outros proxectos presentados. Ademais, os campistas demostraron a súa capacidade para montar e programar robots construídos con pezas e mecanismos LEGO Mindstorms para realizar diferentes funcións de forma autónoma, como por exemplo superar obstáculos grazas á incorporación de sensores baseados en infravermellos e ultrasóns.

Diversión e aprendizaxe

tecnopole-tecnolochicals-workshops-t2w-3.jpgTodos os participantes traballaron durante estas dúas últimas semanas no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos con diferentes graos de complexidade en función das súas idades. Debido a que as prazas se esgotaron moi pronto e que moitos rapaces e rapazas quedaron fóra, Tecnópole organiza en paralelo tres obradoiros de robótica dos que aínda quedan prazas para agosto e setembro.
Os obxectivos destas actividades consisten no desenvolvemento da capacidade resolutiva e innovadora e na dinamización da axilidade mental e da creatividade. Ademais de procurar que os alumnos e alumnas adquiran novos coñecementos tecnolóxicos, preténdese potenciar neles actitudes como o respecto mutuo, a colaboración e a socialización, xunto con habilidades relacionadas con falar ben en público, etc.
Os monitores e profesores son expertos en didáctica da ciencia e da tecnoloxía e no resto das materias que se desenvolven, aplicando unha metodoloxía dinámica, participativa, flexible e adaptada a cada tipo de idade.
Dado que se trata de actividades integradas no tempo de vacacións dos participantes, trátase de fomentar a aprendizaxe a través do xogo, potenciando a creatividade e baseándose nas emocións e experiencias persoais. Así, durante o campamento os participantes practicaron tamén actividades deportivas en equipo ao aire libre, como a natación, o tenis ou o atletismo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?