Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acolle en setembro un encontro internacional sobre arqueoloxía e novas tecnoloxías de prospección
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Santiago acolle en setembro un encontro internacional sobre arqueoloxía e novas tecnoloxías de prospección

Redacción
Publicado: 14/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aerea1-2.jpgSantiago vai dar acollida a finais do verán ao encontro anual da entidade Aerial Archeology Research Group, institución británica fundada en 1983 co obxectivo de impulsar a investigación en arqueoloxía a través do impulso ás tecnoloxías de exploración terrestre dende o ar. A cita en Compostela (a primeira cidade de todo o ámbito estatal que acolle a xuntanza anual da dita entidade británica) será entre o 9 e o 11 de setembro. Servirá entre outras para dar a coñecer os froitos obtidos polo dito instituto en proxectos de investigación levados a cabo en Europa, Asia e América, proxectos que se caracterizaron polo uso a esgalla de novos tecnoloxías para a prospección arqueolóxica.
O encontro está organizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), centro con sede en Santiago de Compostela e centrado en traballos científicos sobre o patrimonio cultural. O evento conta tamén co apoio da Axencia Galega de Innovación.
dron_arqueoloxia.jpgPrevese a asistencia dunha ampla representación dos socios da entidade británica, que traballan tanto en Europa como en América e Asia en proxectos de investigación arqueolóxica realizados botando man de imaxes de satélite, xeolocalización ou vehículos aéreos non tripulados (drons) para o desenvolvemento das prospeccións. Botando man destes recursos, sinala o CSIC, foi posible o achado de cidades ata o agora pendentes de descubrir ou mesmo documentar sitios arqueolóxicos ameazados en áreas de conflito.
Entre os participantes figuran arqueólogos das universidades de Santiago de Compostela, Oxford ou Viena; de entidades como o Ludwing Bonzmann Institute for Archaeological Prospection e o Virtual Archaeology, e de organismos relacionados coa xestión do patrimonio como o English Heritage ou a Royal Commission for the Ancient and Historical Monuments.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?