Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amazon anuncia o seu proxecto de enerxía limpa máis ambicioso e de meirande tamaño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amazon anuncia o seu proxecto de enerxía limpa máis ambicioso e de meirande tamaño

Redacción
Publicado: 15/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

amazon-webservices-inline.jpgAmazon Web Services anunciou esta semana a vindeira posta en marcha do seu proxecto renovable máis ambicioso e de meirande envergadura ata a actualidade. O proxecto levarase a cabo en colaboración coa firma española Iberdrola Renewables e consiste na construción e posta en funcionamento dunha granxa eólica, a chamada Amazon Wind Farm US East, que estará emprazada en Carolina do Norte (Estados Unidos) e que roldará unha produción de 670.000 megavatios á hora (a partir de decembro de 2016). Isto equivalería, sinalou a compañía, á enerxía precisa para abastecer 61.000 fogares do país. Servirá, iso si, para fornecer enerxía eléctrica aos centros de datos da macrotenda en liña Amazon actuais e futuros.
O proxecto responde ás liñas estratéxicas asumidas nos últimos anos pola compañía en materia de respecto polo medio ambiente e a sustentabilidade (en 2014 anunciou o compromiso de tirar partido a longo prazo de enerxía renovable, única e exclusivamente, e en abril de 2015 fixo saber que aproximadamente o 25% da enerxía consumida pola infraestrutura global procedía de fontes limpas).
Este proxecto súmase á posta en marcha da granxa eólica en Indiana (Fowler Ridge) que xerará 500.000 megavatios por hora (MWh) de enerxía anualmente; ao proxecto piloto con baterías Tesla; á adhesión da compañía á entidade American Council on Renewable Energy (ACORE) e ao anuncio en xuño de 2015 da granxa solar Amazon Solar Farm US East, que xerará 170.000 megavatios por hora (MWh) de enerxía solar ao ano. A compañía estima que este tipo de aposta polos recursos limpos xerarán máis de 1.3 millóns de MWh adicionais nas redes eléctricas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?