Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ansys achega á EE Industrial da UVigo o seu avanzado software de simulación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ansys achega á EE Industrial da UVigo o seu avanzado software de simulación

Redacción
Publicado: 15/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_ansys.jpgEsta semana comezou na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo o curso Introdución á simulación FEM e CFD con Ansys, que se desenvolverá ata finais de mes e que conta con 30 persoas matriculadas, cubrindo a totalidade das prazas. A actividade é froito do convenio asinado en outubro do ano pasado entre o dito centro e a multinacional Ansys. O curso está coordinado polos profesores Ignacio Armesto e Abraham Segade, que salientaron na posta en marcha do mesmo que é “o primeiro deste tipo que se ofrece na comunidade galega”.
O acto de inauguración do seminario, onte luns, contou coa presenza do director da Escola de Enxeñería Industrial, Juan Pou e do conselleiro delegado de Ansys Iberia, Gilles Lebiez. Este último lembrou que a compañía é líder en software de simulación e que en virtude do acordo asinado a EEI de Vigo situouse “no selecto grupo de institucións de educación superior que teñen ao seu alcance estas ferramentas de simulación avanzadas”.
Ignacio Armesto, pola súa banda, destacou que o software de Ansys é “unha ferramenta de cálculo moi avanzada, empregada en moi poucas universidades a nivel académico”, dado o seu prezo elevado. Tamén lembrou, máis polo miúdo, que o curso céntrase no uso das ferramentas FEM e CFD co software Ansys. No acto de apertura tamén se incidiu en que a simulación multifísica con Ansys permite reproducir de forma virtual modelos estruturais, de comportamento de fluídos e tamén electromagnéticos e eléctricos: “Todo isto dende un punto de vista integrado, interaccionando entre os diferentes modelos”. De feito, explicouse, o software de simulación permite “predicir como funcionará e reaccionará determinado produto baixo unha contorna real”. Na cita na Universidade de Vigo tamén se fixo saber que entre as firmas que tiran partido desta ferramenta atópanse algunhas de primeira nivel e especializadas en deseñar produtos de alta complexidade tecnolóxica, como Ferrari ou Airbus.
70 horas de docencia
O curso desenvolverase ata o 28 de xullo en sesións de mañá e cunha duración de 70 horas. Insírese na aposta da EEI polas novas tecnoloxías e por dotar aos seus licenciados de coñecementos punteiros en simulación FEM/CFD. O acordo asinado o paso con Ansys permite o emprego do seu software de simulación, que se utiliza para predicir o funcionamento e a reacción dun determinado produto nunha contorna real. As licencias de Ansys son multidisciplinares para reflectir a natureza real dos problemas de enxeñaría, contando con suites de produto de fluídos, estruturas e electrónica, que son utilizadas en áreas de investigación, institucións educativas e empresas de todos os sectores da industria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?