Coa arela de “minimizar as molestias ao cidadáns e por mor da súa pequena contía”, o Goberno vén de declarar exentas de imposto IRPF as axudas percibidas para compensar os custos derivados da adaptación das antenas colectivas nas edificacións afectadas pola liberación do Dividendo Dixital. Así o certifica o Executivo no Boletín Oficial do Estado do 10 de xullo, no apartado de medidas urxentes para reducir a carga tributaria soportada polos contribuíntes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e outras medidas de carácter económico.
Lembrar que o Ministerio de Industria, a través da entidade pública Red.es, concedeu axudas a todas aquelas comunidades de propietarios que adaptasen a súa antena colectiva desde xuño de 2014 a xuño de 2015. O número total de solicitudes acadou as 316.552 por un importe de 103 millóns de euros. Os apoios orzamentarios comezáronse a abonar en xaneiro de 2015 e estanse a achegar aínda, sinala o Goberno, “a un ritmo satisfactorio”. A data de hoxe, 242.045, o 76%, xa están abonadas ou en proceso final de pago.
As axudas polo Dividendo Dixital, libres de IRPF
Compartir Este Artigo

