RedEmprendia, a rede universitaria iberoamericana de transferencia e emprendemento, presidida polo galego Senén Barro, promoveu (co apoio de Santander Universidades, do Banco Santander) a primeira edición do programa Desafío Millennials, un encontro que deu acollida a preto dun centenar de estudantes de 7 países, reunidos para impulsar a innovación e o emprendemento universitario achegando aos universitarios a un primeiro contacto co mundo empresarial. Tres propostas de estudantes universitarios españois resultaron premiadas con 3.000 euros. MyLiber, unha aplicación para consultar os sitios libres das bibliotecas, de Eduardo Lineu Tolentino de Almeida, Víctor Micó Biosca e Alberto Tamarit Ortolà (Universitat Politécnica de Valencia) foi premiada por Plexus, empresa TIC con sede en Santiago de Compostela.
Outro proxecto premiado por Santander Universidades foi Tazit, unha plataforma de relación e networking entre estudantes e profesionais do sector financeiro, é unha proposta de Carlos Álvarez, Alberto Frías, Elena Solsona e Juan José Titos (Universidade Pontificia de Comillas) e trátase dunha tecnoloxía de relación e networking entre estudantes e profesionais do sector financeiro.
A outra idea premiada foi para a achega de Marina Fernández e Javier de la Cueva (Universidade Politécnica de Madrid), Inés Merinero (Universidade Antonio de Nebrija); e Miguel Solera (Universidade Carlos III), un asistente virtual para banca móbil.
Os ditos proxectos responden aos tres retos lanzados por Santander Universidades e Plexus cun eixo común: mellorar produtos ou servizos encamiñados á chamada Xeración Millennials. Nesta primeira edición do programa -na que tamén participou a empresa portuguesa Sonae-, inscribíronse case un centenar de estudantes de sete países (España, Portugal, México, Colombia, Brasil, Arxentina e Ecuador). Agrupados en 14 equipos, os universitarios traballaron con titores das empresas durante tres meses, beneficiándose dun primeiro contacto co mundo empresarial como complemento á súa formación e fomentando o espírito emprendedor e innovador.
Os tres equipos recolleron os seus galardóns no marco do curso de verán da Universidade Complutense de Madrid Emprendremento e Innovación, celebrado na sede corporativa de Banco Santander, en Boadilla del Monte (Madrid). No acto de entrega de premios participaron Ana Borrego e Antonio Suárez-Pumariega, titores de Desafío Millennials nos retos de Santander Universidades; e o presidente de RedEmprendia, Senén Barro.
As tres ideas gañadoras do Desafío Millennials confirman o alento innovador da xuventude
Compartir Este Artigo

