Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone e o Gran Teatre do Liceu achegan audiodescrición vía móbil nos espectáculos de ópera
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone e o Gran Teatre do Liceu achegan audiodescrición vía móbil nos espectáculos de ópera

Redacción
Publicado: 16/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vodafone_opera_acces.jpgA Fundación Vodafone está a colaborar co Gran Teatre do Liceu para achegar os espectáculos de ópera ás persoas con discapacidades visuais. Froito desta alianza e coincidindo coa iniciativa Liceu á Fresca, ambas entidades presentan Barcelona Òpera Accés, nas súas palabras “unha innovadora aplicación de audiodescrición” destinada a colectivos coas devanditas características de visión. Entre outras cousas, permite descargar a descrición sonora da ópera que se está a representar para poder seguila de xeito sincronizado e en directo.
A descarga e o uso son totalmente de balde. Está dispoñible “para todos os públicos e seareiros” en Google Play e proximamente en Apple Store.
A iniciativa inclúese dentro do proxecto social e de integración do Gran Teatre do Liceu e conta co apoio da ONCE e da Fundación Barcelona Mobile World Capital. Ademais do devandito, fornece subtitulado das pezas escenificadas en castelán e catalán. “O usuario”, informa a operadora, “tan só ten que descargarse a aplicación no seu móbil e seleccionar a peza, deste xeito accederá aos contidos de audiodescrición e subtitulado, así como ao programa de man en formato dixital accesible da obra representada”.
Por certo que a opción de títulos no móbil, explícase, pode axudar igualmente a persoas con outras diversidades funcionais (auditivas por exemplo) ou naquelas situacións nas que a lectura da proxección dos mesmos poida presentar dificultades ao público.
Trátase dunha aplicación ubicua, ou sexa que pode ser usada en diferentes situacións e lugares. O público do Liceu poderá facer uso dela na sesión da Traviata das 20:00h do 18 de xullo. Igualmente, tamén estará pronta para a emisión das 22:00h que terá lugar na Praia de San Sebastián, no Palau Robert, en calquera dos emprazamentos públicos dos 12 concellos participantes ou a través da emisión de TV3 para todos os fogares de Cataluña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?