Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone pon en marcha en areais españois unha iniciativa piloto de drons de salvamento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone pon en marcha en areais españois unha iniciativa piloto de drons de salvamento

Redacción
Publicado: 16/07/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

vodafone_drons_praias.jpgVodafone anunciou hoxe a posta en marcha dunha iniciativa tecnolóxica para incrementar a seguridade e a rápida resposta ante emerxencias nas praias estatais. Trátase, máis polo miúdo, de habilitar nun bo número de areais (especialmente concorridos e con características orográficas e marítimas que os fan axeitados para un meirande seguimento) material avanzado de rescate nos seus postos de vixilancia: vehículos aéreos non tripulados. O obxectivo do proxecto é incrementar ao máximo a capacidade de resposta dos equipos de salvamento ante posibles incidencias grazas á alianza pilotos socorristas-drons. Trátase dunha experiencia piloto que se está a habilitar en Cabopino (Marbella), Ribadesella (Asturias), Isla (Cantabria), Cartaxena e Benalmádena (Málaga).
O proxecto enmárcase na arela de Vodafone One de “pór a tecnoloxía ao servizo das persoas e facerlles a vida máis sinxela”. Neste caso en concreto, a idea era tirar partido de tecnoloxías para acurtar tempos de resposta, e máis tendo en conta que se ten demostrado que un socorrista tarda o triplo de tempo que un dron en chegar a rentes dun bañista en perigo. Agora, a intención é impulsar o traballo conxunto dron-socorrista. Deste xeito, socorrista e máquina, ante un posible contratempo, diríxense cara ao mar. Iso si, antes de chegaren, o aparello voador actúa primeiro lanzando un salvavidas á persoa en risco, “dando máis marxe á persoa que acuda ao rescate para pór en marcha os labores de salvamento”. Segundo informa Vodafone, “esta considerable redución de tempo contribúe moi positivamente aos traballos de rescate en posibles afogamentos, unha das principais preocupacións no verán, e que en España achega unha media de 400 mortes ao ano”.
A operadora engade que os pilotos socorristas Vodafone One tiveron que formarse segundo os cursos establecidos por AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea) que inclúen tanto materias teóricas como prácticas. A operadora salienta que os pilotos de salvamento, para poder manexar este tipo de drons, “deben ter un alto coñecemento relativo a comunicacións, navegación, meteoroloxía, procedemento operacional, dereito aéreo así como posuír un control absoluto dos dispositivos, sendo quen de realizar despegues verticais, translacións laterais a gran velocidade, voos en ambos os sentidos, espirais e outras series de manobras que lles permitirán chegar no menor tempo posible ao seu obxectivo”. Estes equipos traballan en estreita colaboración cos socorristas oficiais das praias, que se benefician da alta velocidade dos dispositivos para ofrecer unha primeira axuda que reforza o protocolo de rescate.
O proxecto estará vixente ata o 15 de setembro. A iniciativa foi deseñada pola axencia de medios MEC, que se encargou de idear a acción, crear a estratexia e planificala. Pola súa banda, o operador aeronáutico dos drons é Trabajoscondron.com. Ademais, Vodafone España reforzou a cobertura 4G en máis de 580 praias de todo o litoral estatal, con especial atención ás que se atopan situadas en zonas con alta densidade de usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?