Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Axenda Dixital de Galicia 2020 mobilizará máis de 1.500 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Axenda Dixital de Galicia 2020 mobilizará máis de 1.500 millóns de euros

Redacción
Publicado: 17/07/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

19584263470_db867e41c0_h.jpgHoxe tivemos ocasión de coñecer máis detalles sobre a Axenda Dixital Galicia 2020, que é a folla de ruta tecnolóxica do Goberno galego para os vindeiros cinco anos. As súas liñas principais e os detalles máis concretos foron dados a coñecer na Cidade da Cultura (Santiago) polo presidente Alberto Núñez Feijóo, que estivo acompañado de Mar Pereira (directora de AMTEGA) os representantes de boa parte das compañías máis importantes da nosa terra (implicadas tamén, directamente, na construción da folla de ruta). Durante o transcurso da presentación, Feijóo explicou que a Axenda mobilizará máis de 1.500 millóns de euros. A arelada recuperación económica, dixo, terá relación directa co investimento en novas tecnoloxías. Nun plano máis concreto, deu a coñecer que un dos obxectivos é conseguir que o país, agora que xa ten cobertura, teña tamén calidade.
Feijóo comezou a súa intervención definindo a Axenda en si mesma: un impulso á modernización tecnolóxica para que esta sexa “o catalizador dunha fonda renovación nosa economía, da nosa sociedade e das nosas administracións públicas”. A folla de ruta apóiase tamén na necesidade urxente, dixo, de acadar unha situación na que ningún galego fique excluído do progreso tecnolóxico e do medre que se deriva del. Por partes e a un nivel máis específico, o presidente dixo que a iniciativa establece as actuacións para lograr unha eAdministración máis innovadora e consolidada, “favorecer servizos dixitais avanzados no eido do benestar e a sanidade”, e impulsar a dixitalización empresarial en sectores estratéxicos.
O xefe do Executivo galego quixo agradecer tamén a implicación da sociedade galega e dos axentes económicos e sociais no “proceso de reflexión conxunta” que deu pé á Axenda Dixital 2020.

Contidos
  • Os piares da actual folla de ruta
  • Semana Dixital de Galicia

Os piares da actual folla de ruta

19149696624_4501ed3b00_h.jpgNa presentación das estratexias para os vindeiros anos, o presidente lembrou que aquelas son a consecuencia directa das incluídas na Axenda Dixital 2014. “Grazas a ela”, sinalou, “conseguimos iniciar unha senda para o desenvolvemento da Administración Electrónica, loitamos por reducir a fenda dixital, desenvolvemos programas específicos para a modernización de sectores como a agricultura, a pesca ou o turismo e contribuímos a reverter a desigualdade que vivía a Comunidade no acceso aos servizos de telecomunicacións”. Ao fío disto último recordou que se pasou a unha taxa de cobertura do 98% e que antes da posta en marcha das medidas da Axenda 2014 a metade do territorio das provincias interiores non tiñan posibilidade de acceder á Internet e condicións mínimas de calidade.
Tamén subliñou que a estratexia dixital da Xunta permitiu o nacemento do proxecto Abalar, que fixo que Galicia fose “pioneira na implantación do libro dixital” e na “integración plena das novas tecnoloxías na práctica educativa”.
Respecto da nova andaina do Plan de Banda Larga de Galicia, informou que despregará redes ultrarrápidas para que “o 100% da poboación galega teña cobertura de, como mínimo, 30 Mbps”; e que “o 50% dos fogares dispoñan de servizos de banda larga por riba por 100 Mbps”.

Semana Dixital de Galicia

A presentación da Axenda Dixital 2020 dá comezo á Semana Dixital de Galicia, durante a cal AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) levará a cabo catro actos para detallar os eixos do texto marco e facer o seu contido máis accesible para tódolos públicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?