A operadora Yoigo presentou este xoves as súas cifras relativas ao primeiro semestre de 2015. No informe faise saber que a compañía acadou un medre no EBITDA (beneficio bruto de explotación calculado antes da dedución de gastos financeiros) dun 116% fronte ao mesmo período do ano previo. “Os datos”, sinala Yoigo”, “amosan que somos a única operadora de rede móbil en España que neste semestre conseguiu un balance de portabilidade positivo, crecer en número de clientes post-pago, aumentar ingresos e manter, malia a forte presión en prezos, un ingreso medio por cliente estable”.
Asemade, no informe confírmase que a facturación aumentou nun 5,3% no segundo trimestre do ano. Isto significa unha cifra de 206 millóns de euros.
Este incremento, sinala a empresa, é o resultado do lanzamento dunha nova estrutura de tarifas, especialmente apoiada na fórmula Sinfín (chamadas e datos ilimitados por 29 euros/mes). Durante o primeiro semestre a compañía mellorou “significativamente” a súa rendibilidade alcanzando un EBITDA de 27,4 millóns de euros.
A facturación de Yoigo aumenta en máis dun 5%
Compartir Este Artigo

