Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Parkapp celebra o seu segundo aniversario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Parkapp celebra o seu segundo aniversario

Redacción
Publicado: 17/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

parkapp-2aniversario-780x450.jpgA aplicación galega Parkapp, dirixida entre outras cousas a facilitar aos condutores a localización do aparcamento máis próximo coa axuda dos seus dispositivos, cumpre esta fin de semana dous anos de vida (máis polo miúdo o domingo 19), un acontecemento que os seus responsables non queren deixar de salientar. Por este motivo, lanzaron na Rede un vídeo conmemorativo que ten unha dupla finalidade: por unha banda celebrar o dito aniversario e, pola outra, achegar “un pouquiño máis á xente a idea de como funciona dentro unha startup como Parkapp”. No vídeo destácase o valor do traballo en equipo e, sobre todo, a satisfacción que dá o feito de “sacar entre todas e todos un proxecto adiante”.
Lembrar que en abril deste ano (e facendo un pouco de reconto de éxitos recentes), a empresa estableceu un acordo coa plataforma Plusvecinos para lanzar unha nova funcionalidade que engadir á súa xa completa listaxe de servizos. Segundo nos contaron dende Parkapp, a devandita funcionalidade nova consiste en ofrecer ás comunidades de veciños a súa tecnoloxía co fin de que a empreguen libremente para entrar nos seus garaxes, reemprazando os mandos a distancia pola devandita ferramenta e poñendo en xogo un factor a ter moi en conta: o factor aforro.
Lembrar tamén que Parkapp, amais de facilitarnos o acceso ao garaxe, foi lanzada co obxectivo de axilizarnos a procura de praza de aparcadoiro máis próxima, achegando tamén información sobre prezos e realizar reservas de espazos de aparcamento a través do móbil, incluíndo descontos. Parkapp funciona, a maiores do devandito, como unha aplicación de balde que permite xeolocalizar ao usuario, ofrecer a ruta máis curta para chegar a un parking e, a través dun código QR, acceder ao aparcamento sen utilizar ticket.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?