Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A edición 2016 de Transfiere márcase como obxectivo contar con máis presenza de firmas demandantes de TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A edición 2016 de Transfiere márcase como obxectivo contar con máis presenza de firmas demandantes de TIC

Redacción
Publicado: 21/07/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

transfiere.jpgO Foro Transfiere (Foro Transfire en galego), acadará a súa quinta edición os vindeiros 10 e 11 de febreiro de 2016 en Málaga. O comité organizador do encontro reuniuse recentemente en Madrid para marcar as liñas estratéxicas, que pasarán por unha maior presenza de empresas demandantes de tecnoloxía e de investigadores e, tamén, polo fortalecemento do sector financeiro. O país convidado desta volta será Corea do Sur.
A dita xuntanza do comité celebrouse na sede do Ministerio de Economía e Competitividade en Madrid, e na reunión establecéronse os obxectivos para a vindeira convocatoria, prevista no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga (FYCMA) os días 10 e 11 de febreiro de 2016. Amais de fixárense os devanditos obxectivos (máis empresas, máis sector financeiro), informouse que a edición 2015, celebrada os días 11 e 12 do pasado mes de febreiro, “foi a máis internacional ata a data”, coa presenza de 26 países de todo o mundo e Israel como nación convidada.
O evento, que en palabras dos organizadores “estase a consolidar como a principal cita estatal sobre I+D+i”, vén avalada polos datos da edición anterior, no que se deron cita máis de 2.300 profesionais do sector e houbo 5.000 reunións de traballo en apenas día e medio. A idea do comité é que o foro tome como base a necesidade de fomentar o diálogo entre o tecido investigador e a empresa “para potenciar a innovación española no ámbito global”. Deste xeito, incorporarase unha axenda de citas en liña para a celebración de reunións ao redor dos principais sectores produtivos, tales como o das TIC, a sanidade, o medio ambiente, a infraestrutura e o transporte, a industria, a enerxía, e os sectores agroalimentario, aeronáutico e aeroespacial, e “sen esquecer as administracións públicas”.
Lembrar que no foro reúnense cada ano axentes públicos e privados vinculados ao ecosistema do I+D+i, así como profesionais independentes e representantes de PEME e multinacionais, administracións públicas, universidades, centros tecnolóxicos e parques científicos e tecnolóxicos entre outros.
En febreiro de 2015 foron máis de 450 as entidades públicas e privadas participantes no foro, “aglutinándose 2.050 perfís tecnolóxicos, medio centenar de universidades, 220 grupos de investigación e máis de 130 expertos internacionais no seu programa de conferencias e mesas redondas”.
Presenza galega
Seguindo o fío da edición anterior do evento de Málaga, cómpre lembrar tamén a importante presenza nela de institucións, entidades e empresas da nosa terra, tal e como subliñamos no seu día dende Código Cero. Así, contouse entre os seus impulsores directos co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e entre as entidades que participaron (amosando a través de xeiras de networking as súas investigacións) coas tres universidades galegas (USC, UDC e UVigo) e máis co Instituto Tecnolóxico de Galicia. Engadir tamén para a edición 2016, recuncando, a concorrencia activa de EnergyLab (UVigo), o centro tecnolóxico CITIC (UDC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN), En total, procedentes de todos os recantos do Estado, participaron un total de 45 plataformas tecnolóxicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?