Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Catro empresas innovadoras achegan novos folgos a unha Tecnópole que anda preto xa do centenar de firmas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Catro empresas innovadoras achegan novos folgos a unha Tecnópole que anda preto xa do centenar de firmas

Redacción
Publicado: 21/07/2015
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

tecnopole-2.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) vén de informar da incorporación ao seu seo de novos inquilinos innovadores. Ou sexa, de novas firmas galegas centradas en achegar servizos, sistemas e produtos ata o agora non desenvolvidos. Trátase, máis en detalle, de catro empresas centradas na Internet das Cousas, na fotografía industrial e na divulgación científica. Lembrar, para que non o saiba, que a Internet das Cousas é o seguinte paso cara á dixitalización da nosa sociedade e economía, permitindo a interconexión obxectos-persoas a través de redes de comunicación avanzadas. A incorporación das catro novas firmas á Tecnópole eleva a 90 a cifra total de entidades radicadas no centro.
Segundo informa a dirección do parque, a chegada destas catro iniciativas viuse incentivada pola redución das tarifas dos niños da incubadora e tamén polo primeiro curso de creación de microempresas.
Clicisa
Clicisa chega á Tecnópole co obxectivo “de prestar servizos de investigación, consultaría, asesoramento e implantación de tecnoloxía relacionada coa Internet das Cousas, un concepto que como dixemos refírese á conexión dos obxectos cotiáns coa Rede. Coa experiencia de máis dunha década traballando no sector tecnolóxico, os seus promotores decidiron abrir mercado en Galicia nun sector novidoso de alto valor engadido.
Nesta primeira etapa, informa a Tecnópole, centraranse en estudar o mercado para detectar oportunidades, aínda que teñen un abano de solucións sectoriais que xa están funcionando ben en Reino Unido, Alemaña e América. “Ademais”, explica Marcos Muñoz dende a empresa, “chegamos a un acordo cunha empresa de telecomunicacións con máis de 300 persoas repartidas a nivel nacional dedicadas exclusivamente a atender a PEME e grandes contas, o que nos vai axudar a identificar oportunidades”. Na súa opinión, “a implantación desta tecnoloxía pode revolucionar desde os medios de pago ata a forma de relacionarnos cos nosos clientes, polo que vai ser difícil non atopar unha empresa á que dalgún modo a Internet das Cousas non sirva de axuda en algún ámbito de actuación”.
Para ilustrar o devandito, Muñoz cita o seu primeiro proxecto en firme, cunha empresa do sector da distribución con máis de 60 empregados e sete puntos de venda en España e Portugal. “Logo da implantación da tecnoloxía, os clientes que entren pola porta da tenda serán identificados de maneira automática só por levar o seu móbil enriba”, conta, e engade que o persoal poderá ver na súa tableta quen é, de que empresa vén, se ten autorización para retirar mercancía e mesmo as súas preferencias de compra.

Contidos
  • Profocus
  • Fotografía industrial
  • Ceo Aberto

Profocus

profocus.jpgProfocus, outra das firmas novas no parque, tivo a súa orixe na achega formativa do mesmo. De feito, Nuria Sotelo, impulsora da iniciativa, asistiu á primeira edición do curso de creación de microempresas organizado por Tecnópole e como resultado naceu Profocus, especializada en servizos de fotografía para empresas que venden por Internet. A súa idea gañou o premio ao mellor proxecto do curso e nela combínanse a experiencia dela como enxeñeira informática especializada en comercio electrónico e a do seu socio, Ricardo Pascual, como fotógrafo profesional. “Mercando por Internet vimos que en moitas tendas en liña a calidade da fotografía non é boa e isto é un factor determinante para que a compra se realice”, explica Sotelo, e engade, ao fío das características especiais que deben ter este tipo de fotos, que estas convén que teñan fondo claro, que sexan nidias e que fornezan impresión de limpeza, “e sobre todo fidelidade á cor”. Na súa opinión, “é moi decepcionante mercar algo e que cando chegue non teña nada que ver”.
No seu niño na Tecnópole, os promotores de Profocus desenvolverán un proxecto de I+D dirixido a desenvolver un servizo enliña de retoque dixital á carta especialmente dirixido a profesionais do comercio electrónico. “Poderán subir as súas imaxes, perfilar, retocar e o que precisen, e dispor do resultado en moi pouco tempo”, expón Sotelo.

Fotografía industrial

A fotografía industrial será o eido de traballo de Elena Repetskaya, que se instala na Tecnópole para prestar servizos nos sectores aeronáutico, arquitectónico, turístico e do patrimonio. “Cada traballo inclúe a investigación previa do obxecto que se vai captar e tamén a aplicación de novas técnicas de captura e novas tecnoloxías, aínda que a prioridade é acadar un resultado visual único sen apenas retoques mediante software de posprodución dixital”, indica a fotógrafa, que pensa aplicar á fotografía industrial a súa experiencia e coñecementos no ámbito artístico.

Ceo Aberto

Ás iniciativas devanditas cómpre engadir a adhesión á modalidade de domiciliación virtual da empresa Ceo Aberto (ceoaberto.com), colaboradora habitual da Tecnópole na organización de actividades de divulgación como a Galiciencia, as Aulas Tecnópole e o campamento tecnolóxico de verán.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?