Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As operadoras estiman que 1.000 fogares por nodo poderían verse afectados polas interferencias do 4G na banda dos 800
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As operadoras estiman que 1.000 fogares por nodo poderían verse afectados polas interferencias do 4G na banda dos 800

Redacción
Publicado: 22/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Chega finalmente á nosa terra (comezando pola cidade de Ourense) a tecnoloxía 4G pola banda dos 800 HHz (cousa propiciada pola liberación do famoso Dividendo Dixital) e a pregunta que nos podemos facer agora é: Vai haber interferencias motivadas pola ocupación da dita tecnoloxía 4G da banda de frecuencias finalmente despexada para tal fin? Segundo se conta, malia os recursos postos en xogo para manter arredadas as posibles incidencias, as operadoras calculan que preto de 1.000 vivendas poden verse afectadas polas interferencias provocadas nas emisións de TDT por cada nodo habilitado. Iso si, polo de agora a solicitude para adaptación destes aínda non é relevante. A cifra é de medio centenar de fogares sobre unha base de 80.000 nos que se fixo seguimento.
Con todo, e segundo informou a Europa Press a entidade xestora do proceso Chega800, estímase que a cifra irá en aumentado conforme se vaia coñecendo a campaña por outros medios. Como dixemos, a xestora habilitada polas operadoras calcula que serán unhas 1.000 as vivendas que poderán verse afectadas polas devanditas interferencias por cada nodo habilitado. Chega800 lembra por outra banda que con nodo posto en marcha faise o estudo preventivo de posibles fogares con incidencias, “e este muda segundo o emprazamento do nodo, posto que no ámbito rural a afectación pode ser mínima mentres que no eido urbano medra de xeito considerable”.
No caso de Telefónica, os seus primeiros 25 nodos nesta banda de frecuencias acéndense nas zonas de costa. Nesta primeira fase, os clientes que disporán de mellores coberturas e máis velocidade serán os situados en puntos de Alacante, Castelló, Valencia, Xirona, Tarragona, Almería, Cádiz, Málaga, Huelva e Murcia. Vodafone, pola súa banda, fornece cobertura total 4G sobre a banda 800 MHz en Ourense, estendendo de xeito progresivo a cobertura ao resto de Galicia. Orange fixo saber que o acendido desta banda darase en localidades da Coruña, Asturias, Cantabria, Burgos e Barcelona, ata chegar a 25 concellos no mes de xullo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?