Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Desenvolven un sistema que carga baterías a través de tecnoloxía Wi-Fi
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Desenvolven un sistema que carga baterías a través de tecnoloxía Wi-Fi

Redacción
Publicado: 23/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

wifi-7.jpgCalquera persoa que teña un mínimo trato coa informática tivo que facerse algunha vez esta pregunta perante o ensarillado de cables que adoita acompañar calquera equipamento: A que tanto fío? Isto é aplicable ao ámbito da comunicación entre os aparellos e entre os aparellos e nós, pero tamén se pode aplicar ao eido do fluxo de enerxía. Dito doutro xeito: podemos levar cargar un aparello electrónico sen necesidade de cables? Segundo se reflicte duns traballos desenvolvidos por un equipo de investigadores da Universidade de Washington en Seattle (EE UU), si que se pode. De feito, xa amosaron como tirar partido dun router para alimentar baterías e baixo a fórmula tan cobizada do wireless.
Os investigadores en cuestión, con todo, están comezando dende abaixo. Ou sexa, dende os trebellos dos que extraen enerxía electrodomésticos miúdos e mandos a distancia, cousas como pilas de litio (botón) e pilas máis convencionais. O seu traballo (dispoñible en PDF) preséntase baixo o un epígrafe co que semellan querer abrir unha nova era tecnolóxica, se cadra o pulo definitivo á Internet das Cousas: Alimentar os vindeiros miles de millóns de dispositivos con Wi-Fi.
A súa tecnoloxía PoWiFi e opera a distancias de ata 8,5 metros “apañando” a propia enerxía xerada pola dita tecnoloxía sen fíos e fornecéndoa de continuo ás baterías. En certa maneira, estamos ante un recurso cazador de recursos, máis polo miúdo a que se desprende (e decote vense perdendo) da propia actividade Wi-Fi. E todo isto, sinalan os investigadores, sen reducir as propias capacidades da tecnoloxía sen fíos. O sistema desenvolvido en Seatlle opera con frecuencias da banda ISMC (na que se inclúe o Wi-Fi, o Bluetooth e o ZigBee). A súa aplicación para cargar pequenos dispositivos é grande, explica o grupo de desenvolvedores, e máis tendo en conta que os regulamentos en Europa e Estados Unidos non limitan á súa aplicación nas comunicacións. Polo de agora, iso si, o seu sistema non valería para alimentar un teléfono intelixente, xa que un dispositivo destas características precisa 4 ou 5 voltios, que é moito máis do que ofrecen ata o intre presente os investigadores e a súa tecnoloxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?