Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant fortalece a súa estratexia de captación de fondos europeos H2020
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant fortalece a súa estratexia de captación de fondos europeos H2020

Redacción
Publicado: 23/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

h2020.jpgO centro tecnolóxico Gradiant ampliou a súa Oficina de Proxectos Europeos (OPE) coa incorporación da xestora de Proxectos Europeos Alicia Jiménez, no camiño de reforzar ao máximo a súa aposta pola captación de investimento e apoios a proxectos innovadores en alianza coas nosas empresas. En palabras da dirección do centro, o medre da OPE “é un paso máis na aplicación do Plan Estratéxico de Gradiant, enfocado na orientación ao mercado, a excelencia e á internacionalización”. En definitiva e nun plano máis específico, a ampliación sérvelle para reafirmar a súa vocación de seguir incorporando empresas de Galicia a consorcios internacionais na contorna do programa H2020.
Segundo lembra Gradiant, “no breve prazo de actividade deste programa europeo, Gradiant xa conseguiu asegurar a súa participación en dúas iniciativas da dita contorna, Witdom e SEERS”, dúas liñas de traballo ás que cómpre engadir a excelente traxectoria do centro tecnolóxico galego durante FP7, un período no que participou en sete proxectos innovadores máis.

Perfil profesional

alicia_gimenez.jpgAlicia Jiménez González naceu en Plasencia (Cáceres) en 1984. Rematou a carreira en xullo de 2009 como Enxeñeira de Telecomunicacións na especialidade de Radiación e Comunicación na Escola Técnica Superior de Sevilla, despois de presentar o proxecto fin de carreira na Universidade Politécnica de Lodz. En Novembro de 2009 consegue a bolsa ICARO da Universidade de Sevilla para entrar a formar parte da empresa LCC Wireless Communications como enxeñeira para desempeñar tarefas relacionadas co deseño das redes de comunicación de Orange. Posteriormente obtivo o título de experta en xestión de proxectos internacionais de I+D+i pola Universidade Internacional de Andalucía en febreiro de 2011. Este mestrado serviulle para iniciar a súa carreira profesional na empresa Adevice Solutions S.L na preparación de propostas e seguimento de proxectos de I+D+i.
Á finalización do mestrado, Alicia é contratada pola empresa Wellness Telecom S.L dentro do departamento de Factoría de Innovación como xefe de proxectos de I+D+i, onde desempeña actividades de vixilancia tecnolóxica, preparación de propostas e xestión de proxectos tanto nacionais coma internacionais na área das TIC, especialmente centrado nas cidades intelixentes, destacando o proxecto EPLACE (CIP) onde actúa como coordinadora. É durante a súa estanza en Wellness cando Alicia participa como experto revisor da Comisión Europea na primeira convocatoria de ICT do H2020.
En xullo de 2015 entra a formar parte de Gradiant como xestora de Proxectos Europeos co fin de aumentar a visibilidade das actividades do centro no ámbito da investigación Europea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?