Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone abre a súa nova tenda 2.0 no Centro Comercial Catro Camiños da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone abre a súa nova tenda 2.0 no Centro Comercial Catro Camiños da Coruña

Redacción
Publicado: 23/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone_tenda_cc_cuatro_caminos.jpgVodafone España inaugurou este mércores a súa “tenda 2.0” na Coruña, emprazada no local B5 do Centro Comercial Catro Camiños. O novo establecemento, segundo informa a operadora, insírese no plan de transformación da canle de distribución da compañía. A idea, da tenda e do plan por enteiro, é “ofrecer unha experiencia de cliente diferencial e única no sector das telecomunicacións a través da transformación do espazo e dos procesos de venda, atención e asesoramento ao usuario dos nosos servizos”. De igual xeito que outros establecementos remodelados, o do Centro Comercial Catro Camiños disporá dun especialista en datos, o que en palabras de Vodafone coñécese como un “apptualizador”. Ou sexa, un profesional que configura ao cen por cen os dispositivos dos clientes antes de saíren da tenda. Esta tamén contará con servizos de asesoría ao usuario empresarial na súa canle de distribución.
Segundo informa a operadora, para facilitarnos a experiencia “dunha visita activa” no novo establecemento coruñés, creouse un espazo máis amplo sen barreiras nin mostradores, con máis iluminación e mobiliario natural que permite “un trato máis próximo, directo e personalizado cos clientes”. Este compromiso coa accesibilidade e coa eliminación de todo aquilo que se poida interpoñer entre o visitante e os profesionais da empresa responde a unha arela xeral de Vodafone aplicable a todos os seus puntos de venda 2.0. Neles (e no da Coruña tamén) o deseño diríxese a facilitar “unha experiencia dinámica na que o cliente poida interactuar de xeito real con máis de trinta dispositivos, introducíndose tamén un novo sistema de xestión de fluxos de usuarios que reduce o tempo que pasan na tenda”.
O plan de transformación da canle de distribución de Vodafone España, anunciado en setembro de 2013, abranguerá 453 puntos de venda antes de marzo de 2017, e supón un investimento de máis de 105 millóns de euros. Esta iniciativa, como dixemos, enmárcase nun dos alicerces da estratexia da operadora a tres anos: construír unha experiencia “de cliente diferencial e única no sector das telecomunicacións” a través da transformación do espazo e dos procesos de venda, atención e asesoramento. A 31 de marzo, transformáronse máis de 170 puntos de venda.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?