Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A OCU recomenda protexer os dispositivos cunha app de procura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A OCU recomenda protexer os dispositivos cunha app de procura

Redacción
Publicado: 24/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mobil_praia.jpgA máis e mellor tecnoloxía, máis amola que se bote a perder. O medo a extraviar ou estragar gadgets e aparellos diversos está chegando a cota nunca vistas entre os usuarios, e non só porque esteamos en plena verán (que tamén), senón porque do que estamos a falar principalmente é de dispositivos intelixentes (smartphones) que amais de seren moi intelixentes, tamén adoitan ser caros e un chisco fráxiles. Conclusión: non está de máis que teñamos en conta unha serie de consellos extra de cara a protexer este tipo de trebellos, que logo cando se perden fan que todos os esforzos levados a cabo para axustar gastos nas vacacións sexan en balde. Segundo nos contan dende a OCU, o mellor para comezar é vestilos coma se de motoristas se tratase. Ou sexa, con funda resistente específica. Tamén se aconsella dotalos dunha aplicación de busca.
As mellores fundas, sinala a organización, son as que cobren tanto os laterais como as esquinas. “Trátase de reforzar a protección, polo que non cómpre elixir unha desas fundas que substitúen á propia carcasa do móbil”, engádese, ao tempo que se destacan moi positivamente as que se pechan ao completo (as que impiden que a tapa se abre cando o trebello caia ao chan). Como lembraremos, a protección da pantalla só protexe das riscadas.
Outro consello a ter moi en conta é secar o aparello se se molla. De feito, a maior parte dos dispositivos non están preparados para a auga nin son estancos, e cómpre que os desmontemos se lles entra líquido dentro e os deixemos secar durante polo menos 24 horas antes de volvelos montar.
Por certo que tampouco é boa cousa deixar os trebellos ao sol, xa que poden sobrequecerse.
Unha recomendación moi razoable é a de bloquear a pantalla cun código PIN ou patrón de bloqueo. Así, se nolo rouban non poderán usalo aínda que estea prendido.
Segundo a OCU, tamén é moi aconsellable descargar unha aplicación de procura (ferramentas que permiten acceder desde a web a funcións de control remoto, así no caso de extraviar o móbil poderemos localizalo nun mapa e borrar a distancia todos os datos persoais), lembrar o código IMEI (estes 15 díxitos que identifican o móbil e que precisaremos para denunciar o roubo á Policía) e facer copias seguridade do acubillado dentro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?