Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Anuncian na Wikimanía de México unha fundación para protexer aos wikipedistas da persecución
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Anuncian na Wikimanía de México unha fundación para protexer aos wikipedistas da persecución

Redacción
Publicado: 24/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

wikimania_mexico.jpgO colectivo mundial de wikipedistas vén de coller novos folgos cunha macroxuntanza celebrada en México (entre o 17 e o 19 de xullo) na que, entre outras cousas, fíxose pública a vindeira posta en marcha dunha entidade sen arela de lucro que protexa aos membros do devandito colectivo ante posibles persecucións. O evento Wikimanía celebrado no país azteca, a conferencia anual dos wikipedistas, foi quen de xuntar a máis de un milleiro de persoas con procedencia en arredor de 70 países.
Amais de anunciar medidas como a entidade anti-persecución debateron sobre o presente e o futuro da enciclopedia dixital Wikipedia (a de meirande envergadura de todos os acubillos de información feitos polo ser humano) e das pólas de coñecemento que lle foron saíndo á plataforma libre dun tempo a esta parte. Por exemplo a Wikimedia Commons (depósito de imaxes libres) ou o Wikcionario (dicionario escrito de forma colaborativa).
Respecto do futuro do toro central destas iniciativas, a Wikipedia, acordouse seguir esta folla de ruta: máis mobilidade (facer posible pa presenza da enciclopedia en liña en calquera dispositivo móbil, mellor experiencia de usuario (impulsando o acceso universal a todos contidos) e mellores ferramentas de colaboración.
Nun plano máis específico a cita contou coa presenza de Jimmy Wales, co-fundador da Wikipedia, que foi precisamente o encargado de presentar a fundación adicada á loita pola liberdade de expresión dos enciclopedistas dixitais e, en xeral, dos internautas independentes. Esta entidade levará o seu nome e enfocarase a defender aos editores de Wikipedia que sufran de persecución por parte dos gobernos dos seus países como consecuencia do seu traballo na enciclopedia aberta. No seu relatorio, desenvolvido co epígrafe O estado da Wiki: Liberdade de expresión e Wikipedia, Wales anunciou que o recoñecemento ao Wikipedista do ano quedaría desta volta no anonimato, ou sexa que non se dará a coñecer publicamente co fin de salvagardar a seguridade da destinataria ou destinatario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?